Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Normalidade política

jueves, 23 de febrero de 2012
Estamos tan afeitos ao que nos parecen anormalidades políticas que cando vemos determinados acontecementos dudamos da súa normalidade.

Estamos afeitos a que nos concellos e outras institucións de representación democrática as votacións dos diversos partidos se efectúen de acordo coa política partidaria e non orientadas ao ben común. Porque se o ben común as inspirase, calquera cuestión planteada por un determinado grupo que se considerase boa para a comundidade contaría co voto favorable de todos os grupos. Normalmente o máis que se consegue é unha abstención cando non o voto negativo da leal oposición.

Deste xeito, os votos do equipo de goberno cando contan con apoios abondos, deciden calquera cuestión. E mesmo cando se suscite unha moción de censura, a harmonía política manda por riba da harmonía institucional ou local.

E de repente dous casos, os dous en terras coruñesas, fálannos dun xeito diferente de facer política... Porque en Cee, o Bng e o PP protagonizan conxuntamente unha moción de censura para desaloxar da alcaldía ao independente Ramón Vigo Sambade, e en Muros o Bng pode pactar co PP para que Caridad González do PSOE deixe de ser alcaldesa.

Estamos afeitos a que se considere contra natura a asociación do Bng e o PP por resultar forzas case antagónicas, mentras que nos parece relativamente axeitado que Bng e PSOE se alíen para gobernar cando entre eles hai tanta distancia como entre os nacionalistas e o PP.

No Bng, que non vive os seus mellores momentos, poden expulsar aos concelleiros de Cee por involucrarse co PP nesta aventura política. E a vida segue, nestes dous concellos e no resto de Galicia, porque afortunadamente a vida non ten nada que ver coa política pois veñen ser dous mundos que non chegar a tocarse porque navegan en dimensións diferentes.

Seguro que en algún momento nos explican as razóns que moven aos membros desas forzas políticas a actuar como actúan. Seguro que si. O difícil é que o entendamos. Claro que tampouco ten demasiada importancia, coa que está caendo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES