Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Droga, Pobreza e Violencia

miércoles, 29 de diciembre de 2004
Por repetidas, determinadas situacións deste país acaban por convertirse en habituais e non provocan o revulsivo que unha sociedade sana debería experimentar.

Moitos dos problemas que se xeneran no noso contorno teñen na droga a súa primeira orixe. Habería que estudiar onde ten a súa orixe o problema da droga. Pero o certo é que está ahí, cada vez máis enraizada, cada vez máis voluntariamente soterrada, cada vez máis perduxicial para o noso entramado social.

Con ser a droga un gravísimo problema en sí, leva consigo un custo económico desorbitado que causa pobreza a todo canto toca. Quen está afectado polo problema da droga leva parello o estigma da pobreza para el e para tódolos seus.

E neste clima xorde a violencia con forza incontible.

O último exemplo tivémolo días pasados en Ourense. Como outros moitos anteriormente. Como outros moitos que virán.

Os mecanismos sociais que establecemos a través dos nosos representantes políticos organizan plans contra a pobreza, contra a violencia de xénero. Pero o problema de base subsiste, aínda que loxicamente non sexa o único nin quizáis o máis importante.

Contra a droga lóitase por parte de institucións de todo tipo. No campo da atención, no da prevención, e no da represión. Pero ninguén ousa atacar o mal de raiz, legalizando o seu consumo, arbitrando solucións para evitar que os afectados pola dependencia da droga teñan que sufrir o brutal custo económico que unha mafia poderosísima controla para o seu beneficio.

"Droga, pobreza e violencia" forman un conxunto de factores que nos rodea de xeito imperceptible ata que estoupa coa maior violencia. Hai outros factores, pero todos caben dentro destes tres.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES