Carta a D. Jesús Rodriguez Pumar, da fábrica de lapis.
Maceira, Francisco - miércoles, 22 de febrero de 2012
Carta a D. Jesús Rodriguez Pumar, propietario da fábrica de lapis.
Entendo, don Jesús, que, despois de tantos anos de litixio, queira exercer o seu dereito a edificar no solar da fábrica de lapis. Que queira derrubala para levantar vivendas porque a eso precisamente se adica JERPU, empresa da que vostede é propietario.
O que xa non entendo tanto é por qué non intenta encaixar o seu proxecto co do Colexio Oficial de Arquitectos ou dos expertos en patrimonio -algún vido de fóra do país- que recomendan conservar elementos , sinais de identidade do noso pasado industrial.
Por qué non se chegou a reunir cos que lle querían dar unha visión distinta sobre o tema? Descubrir porqué Hispania é algo máis que unha ruina ou unha niñada de ratas.
Naide do seu arredor soubo explicarlle que unha pala tirando chimenea e fachada da fábrica non é progreso. Todo ó contrario, é barbarie. Persoalmente creo que está mal asesorado. Na vida hai algo máis que cartos e cemento. Pode que incluso economicamente fose máis rentable manter en pé ó imaxinario de Johan Sindel.
De tu a tu, don Jesús, teño moitos menos cartos que vostede, pero nin polo doble dos que ten me gustaría pasar á Historia como o home que destrueu un dos bens máis emblemáticos do patrimonio industrial ferrolán.
Francisco Maceira
Ferrol

Maceira, Francisco
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora