Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Españas

miércoles, 22 de febrero de 2012
Nunca entenderei o anceio deste país por ser singular en contra da súa propia natureza plural. Este desexo mesmo o fai ficticio podendo ser real; e tradúcese na venta dunha parte polo todo, que ten como consecuencia unha gran porcentaxe de españois non identificados con esa España “oficial”.

Queiran ou non, España é un país multicultural e multilingüístico, isto implica que ten unha natureza plural aínda que se empeñen en negarlla. Mesmo sen ter en conta as comunidades históricas, podemos observar idiosincrasias moi distintas ao longo da nosa xeografía; o que quizais ten que ver con que temos climas variados, que nos obrigan a adoptar modos de vida ben diferenciados. É dicir, non somos nin máis nin menos, SOMOS DIFERENTES.

Vivimos pois nun país rico en cultura e paisaxes, de natureza plural que esixe unha atención permanente á súa diversidade. Esta diversidade constitúe un potencial endóxeno aínda sen explotar; cada territorio ten unhas fortalezas naturais, culturais e sociais que o fan único, e é o único o que temos que valorar. Temos que potenciar o distinto, o orixinal, para que cada quen viva dos seus medios endóxenos sen necesidade de pisar aos demais.

Na homoxeneidade, na globalización, na copia; está a fin, a morte do ilímite creativo da humanidade. Só cando conservamos a nosa propia esencia xurde a creatividade, e nela doamos ao noso entorno o mellor do ser individual e colectivo que levamos dentro.

Facer un país plural culturalmente é potenciar distintos tipos de turismo, é velar polas linguas minoritarias considerándoas un tesouro común, é establecer pontes de comunicación nas que os cidadáns se sintan irmáns na diversidade, é axudar a que a cultura minoritaria se internacionalice en todos os ámbitos, e é dar o paso dun multiculturalismo innegable a un interculturalismo que tenda pontes para un diálogo imprescindible na construción colectiva que leve por bandeira a diferenza, o respecto e a tolerancia.

Para isto debemos apostar pola promoción de actividades de fusión cultural, na que os nosos artistas se coñezan e se REcoñezan mutuamente; traballando en interdependencia para fomentar e incrementar a súa creatividade

É posible facer esta país, é posible outro modelo cultural, é posible non renunciar a nada e sentirmos orgullosos uns dos outros retroalimentándonos nunha identidade que nos una na diferenza.

Pero esta identidade xamais será unha realidade se seguimos pensándonos como pobo singular, ou se a facemos sobre a base da renuncia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES