Dirixir é ensinar
Rivero, Manuel - martes, 21 de febrero de 2012
Partindo do principio de que dirixir é ensinar a aprender.
Un líder, ten que identificar as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas, de forma individual, de cada un dos membros do grupo. É moi importante ter capacidade de visión, é dicir, empezar a ver as persoas como poden chegar a ser, e a partir de aí, planificar o seu desenvolvemento profesional, que debe di ir parello o persoal, se van disociados, acaban fracasando.
Un líder ten que planificar, saber onde quere ir, en que prazo, con que recursos conta e de que opcións dispón. É un recorrido que nos leva do estado presente o estado desexado, dividido en etapas.
Tratase de deseñar as estratexias precisas en cada momento, a base de ir avaliando a ecuación rendibilidade esforzo, tendo en conta a información de retorno que se está a recibir de continuo.
Un líder ten que saber establecer metas, estas deben de ser: retadoras, realistas, importantes, específicas, cuantificadas ou medibles, establecerse nun marco temporal cun plan establecido.
Un líder ten que ter o seu equipo motivado, coidando en todo momento os tres motores que nos impulsan: intrínsecos, extrínsecos e transcendentes. A xente traballa porque se lles paga, o salario debe de ser digno (extrínseco); síntese un profesional (intrínseco) e contribúe o benestar da organización e da sociedade en xeral (transcendente). A motivación é a que proporciona a enerxía para desenvolver a acción que conduce a meta.
Un líder ten que establecer as áreas clave de cada membro do equipo, cos seus correspondentes criterios de rendemento, ademais, ten que informar de forma precisa e puntual do seu desempeño, e do avance na consecución dos resultados.
Un líder ten que saber cando debe de estar máis centrado na tarefa ou na persoa, para conseguir as metas planificadas.
En situacións estremas o líder é máis efectivo cando se centra nas tarefas. Consideramos situacións extremas: boa atmosfera de traballo, tarefas moi ben estruturadas, un alto grado de recompensa e aquelas outras nas que o control é moi baixo, mala atmosfera no traballo, tarefas desestruturadas e un escaso poder de recompensa.
Cando o nivel de control e mediano, o líder é mais efectivo, cando se centra na relación.
Un líder tamén ten que ter en conta, que en situacións de alto estres, ten que aflorar máis a súa experiencia, e a intelixencia debe de ocupar un segundo plano, en cambio, en situacións de baixo estres, a intelixencia debe de ocupar o primeiro plano e a experiencia debe de pasar a un segundo lugar.
Un líder ten que inspirar confianza, saber motivar, ser xusto, ser asertivo, ter empatía, ser flexible, estar ben informado, ter capacidade de decisión e saber comunicar.

Rivero, Manuel