Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Irresponsables

martes, 28 de diciembre de 2004
A vida frenética que levamos é causa ou efecto de que os medios informativos sigan tan de perto a actualidade en tódolos seus aspectos, mesmo nos meteorolóxicos.

Hai anos, ó labrego ou vilego bastáballe con asomarse ó exterior cada mañán para enterarse de como ía a ser o día, e con que elementos tiña que enfrentarse.

Agora, con varios días de antelación o prognóstico do tempo facilitado polos máis variados servicios meteorolóxicos chéganos polos medios escritos, falados ou visuais. E así sabemos con exactitude case matemática, se nas próximas horas vai reinar un sol de xusticia, se haberá tormentas, se chove ou neva, e ata a temperatura que haberá en cada localidade ou territorio que nos afecte.

Non hai, pois, lugar para sorpresas. Sí para esaxeracións, porque o que antes era un ventiño típico do inverno agora preséntasenos como temporal. E ás veces os avisos quedan en nada, porque vese que os técnicos ou os políticos que gobernan o tema cúranse en saúde e preveñen de xeito case obsesivo do que logo queda en case nada.

O domingo, día 26 de decembro, tivo a súa crónica anunciada de neve, frío, temporal, ventarróns... Ben claro nos avisaron de que non había que sair da casa máis que nos casos de absoluta necesidade. Pero era o día da volta das vacacións de Nadal e as saídas foron por milleiros.

Os portos de montaña acusaron o impacto da neve; Pedrafita con problemas; os portos menores, pechados; pero os problemas máis fortes presentáronse de Pedrafita para aló, sendo na provincia de Burgos o punto máis álxido (no máis amplo sentido do "algium") da península.

Nos afectados, división de opinións: conformes uns, polo imponderable da situación e a colaboración das xentes da comarca; irritados outros, pola suposta imprevisión e falta de medios.

E aínda que todos teñan algo de razón, máis a ten a administración cando califica de irresponsables a moitos dos que se ven en problemas se se ten en conta que o 70% dos afectados viaxaba sen cadeas, algo imprescindible cando un se pon en marcha fora do período estival.

En fin: Que a pesar da inflación de prognósticos temporais, seguimos disfrutando dun gran compoñente improvisador, de "asomarnos á porta" a ver que tempo fai, e lanzarnos á aventura a corpo descuberto.

Seguimos sendo un pouco irresponsables. Ou un moito. Antes fiábamos da Divina Providencia. Agora, agardamos que nolo solucione a Administración.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES