Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para navegantes da política

lunes, 20 de febrero de 2012
Por internet recibimos milleiros de mensaxes que borramos ou remitimos segundo o noso saber e entender, a orixinalidade do comunicado, e a posible identificación e desexo de expansión.

De cando en cando, algunha destas mensaxes resulta de especial atención porque rebasa todas as habituais vaguedades ou panfletos, sendo a última que anda pola Rede especialmente sintomática de por onde van as ideas e os pensamentos neste tempo difícil onde ata a política está en crisis; especialmente a política.

A mensaxe anónima refírese de xeito especial aos Deputados do Congreso, e á necesidade dunha normativa que lles sexa aplicables a eses nosos representantes, na que se aboga porque o deputado sexa asalariado só durante un mandato, sen que poidan selo máis de dúas lexislaturas, con xubilación por ese mesmo período; que se integre normalmente no régime xeral da Seguridade social, e que cada deputado pague o seu plan de xubilación. Pero sobre todo esíxese que os deputados non poidan intervir nos aumentos do seu salario, e se suxeten ao mesmo sistema de dereitos e deberes que os demais traballadores.

Velaquí porque os políticos están separados do pobo, empezando polos primeiros representantes, os deputados no Congreso. Pois non porque os votantes, a xente de a pé, se distanciasen dos seus representantes, senón porque estes representantes foron distanciándose paulatinamente dos votantes, e en xeral do pobo do que xurdiron.

Hai que volver a recomenzar, facer sentir ós representantes do pobo que deben entender o seu papel como o recoñece a sociedade en xeral, que son servidores públicos elixidos polos votantes e non que a sociedade está totalmente ao seu servizo.

Falta aínda moito espacio que recorrer no camiño aínda non iniciado de reconciliación dos políticos co pobo, dos representantes cos representados. Polo de agora, hai un mundo, un espacio inmenso entre os dous mundos, imposible de cruzar, que a cada momento máis se agranda.

Ou se suprime ese abismo diferenciador, ou esto nunca será unha verdadeira democracia. E os representantes do pobo na primeira cámara da nación nunca entenderán o papel que están chamados a representar. E menos o van a entender os seus votantes e representados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES