Nin o Demo
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 20 de febrero de 2012
Quixo o demo tocarme o nariz, pero non me deixei. Que ousadía! Mireino de esguello e díxenlle: quieto parado! Ou te fulmino.
Non o fulminei, claro. Pero é certo que quedou quietiño coma un paxariño. Non rosmou. E cando notou que a miña ollada se dulcificaba, pegou unha rápida reviravolta e marchou co rabo entre as pernas.
Arre demo!, querer tocarme o diaño o nariz. Nunca tal pensara nin nunca tal imaxinara. Se eu quero, non me toca ninguén. Nin o demo.
Cando vin que se perdía por unha curva que había á dereita, recoñezo que me deu algo de pena na forma en que o tratei. Ao mellor só quería tocarme o nariz. Sen máis.
Eu quizais me pasase imaxinando unha provocación. Pero, máis vale previr que curar.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora