Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Extraño Virus

lunes, 27 de diciembre de 2004
Hoxe pretendín doar parte dese líquido vital que ós humanos nos sobra e que non pode ser substituído por ningunha outra sustancia natural ou artificial. Non puido ser.

Non puido ser porque estou acatarrado -en realidade levo así xa un par de meses- e o médico de garda considerou non conveniente a doazón, tendo en conta que estes catarros están causados por virus e o que para min é un acompañante incómodo pode ser peor que o pasaxeiro de Alien para quen vaia recibir as miñas plaquetas ou os meus hematíes.

Pero con ser problemático, non é este o peor viro que pode afectarme e afectarnos nestes tempos de mudanza.

O xefe de Pediatría do Hospital de Ourense fala dunha patoloxía da opulencia que seguro nos ataca desde que deixamos de ser un país pobre, que mandaba emigrantes a todo o vello mundo, que mandaba segadores a Castela a ser -El Rei dixit- "un país envidiable". El fala de España, nós de Galicia, pero case ven ser o mesmo.

Neste País envidable despedimos o ano con non sei cantos mortos entre os que pretenden entrar desde un terceiro mundo a un primeiro de Jauja.

Nesta esquina do país envidable, en Noia mesmo, veñen de tirar ó mar dez mil kilos de berberechos poplo baixo precio que alcanzaban no mercado que non cumprían as expectativas dos mariscadores.

Son extraños virus que nos invaden. E así como o meu catarro parece estar afianzándose no meu organismo dun xeito máis enraizado ca un cargo electivo dos de importante dotación económica, os outros virus que nos invaden -merda para a oulencia, que diría algunha ministra- son aínda máis perigosos porque se no-los detectan non estamos preparados para
combatilos.

E nós pensabamos estar vacunados contra estes novos virus. Pero para esto seguro que non hai, aínda, ninguna vacuna.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES