Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Teoría dos Ilímites

viernes, 17 de febrero de 2012
Hai alg√ļn tempo Manuel Rivero e un servidor vimos desenvolvendo a teor√≠a dos il√≠mites, que recollemos nun libro recentemente publicado pola Escola de Finanzas, titulado El il√≠mite del potencial humano.

Débese dicir que o concepto de ilímite, de xeito embrionario, nace dunha maneira subversiva, como un berro que pide á sociedade que deixe de taxar límites que só lle serven para infravalorar ás persoas. O primeiro obxectivo do ilímite foi acabar coa minusvalía como concepto social que convida á persoas con diversidade funcional a ser menos, coa correspondente alienación que isto supón.

Empecemos cunha pregunta provocadora: Quen non ten discapacidades? √Č dicir, quen √© perfecto en todo? A resposta √© ningu√©n, e esta resposta l√©vanos a conclu√≠r que todos temos l√≠mites ou discapacidades que temos que co√Īecer, asumir e aceptar para constru√≠r o noso propio proxecto vital:



Temos que asumir e aceptar pois, a nosa propia discapacidade, o noso propio límite, sabendo por el que en determinados eidos o noso desenvolvemento vai ser máis cativo, e que teremos máis dificultades na realización da tarefa.

Pero da outra cara da moeda temos o il√≠mite, que √© a ¬ďm√°xima capacidade dunha persoa, aquela que, cando a desenvolve nunca cede ao cansazo, sen√≥n o contrario, d√° satisfacci√≥n, aumenta a autoconfianza e d√° forzas para seguir adiante. Nesta actividade a persoa empeza a ser ela mesma e consegue autorrealizarse no seu entorno¬Ē (Rivero, M. e Santalla, I. 2011:30).

De acordo coa Lei 80/20, esta máxima capacidade é a que temos que fomentar e practicar día a día para acadar os nosos obxectivos vitais:



Unha vez que se tomou consciencia do límite e do ilímite individual, toca pensar na forma na que vamos construír a nosa propia identidade. Podemos elixir centrarnos no límite, co que o noso proxecto vital terá unha maior dificultade de realización, xa que o autodesenvolvemento persoal sempre será máis feble; ou podemos centrarnos no ilímite e intentar auitorrealizarnos naquilo que verdadeiramente amamos.

Sempre conto que descubr√≠n como atopar os il√≠mites nunha frase de Facundo Cabral, tristemente asasinado en Guatemala, a frase dic√≠a: ¬ďHagan las cosas s√≥lo por amor, porque el que trabaja en lo que no ama aunque lo haga todo el d√≠a es un desocupado¬Ē. O il√≠mite ten que estar en todo aquilo que a persoa ama realmente, al√≠ onde visualiza a s√ļa propia plenitude, onde os seus ollos brillan ao desenvolver a tarefa e onde toma forma a s√ļa autorrealizaci√≥n persoal.

Deste xeito, potenciar o il√≠mite, aseg√ļranos unha alta autoestima e un autoconcepto positivo; estes dous aspectos constit√ļen os piares b√°sicos que nos dar√°n acceso √° nosa propia identidade:



O ilímite convértese así nunha forma de autorrealización persoal, de ser o que cada un queira e de chegar ás metas libremente elixidas. Potenciar o ilímite é visualizar a nosa capacidade real de facer cousas por nós mesmos, de ser donos de construír e dar ao mundo a nosa propia esencia, e de facernos en liberdade para elixir a integración da nosa individualidade no ser colectivo da humanidade.

Asumir o l√≠mite e potenciar o il√≠mite, √© comprender que nacimos para a colectividade, √© dicir, a nosa individualidade ten un desexo intr√≠nseco de complementarse con outras individualidades para medrar. O ser humano ten a capacidade de facer medrar e a necesidade de medrar cos demais. As necesidades do ser esixen unha continua interrelaci√≥n co noso entorno. Por iso Covey concibe a evoluci√≥n humana como un cami√Īo da dependencia √° interdependencia. Este √© o cami√Īo da madurez, o que media entre o ¬ďeu¬Ē e o ¬ďn√≥s¬Ē, e o que nos fai situar a nosa autorrealizaci√≥n, en relaci√≥n co entorno, no centro da nosa vida; porque sen el, o noso ser individual non se entender√≠a.
O desenvolvermento do ilímte esíxenos establecer continuas relacións de interdependencia, nas que ao mesmo tempo que potenciamos as nosas maiores capacidades, procuramos o apoio daquelas persoas que poidan suplir os nosos límites. Nestas relacións débese ter especial coidado co vampirismo, é dicir, con aquelas persoas que non entenden de dar e que só saben exprimir os ilímites dos demais como paliativo dos seus propios límites. A interdependencia é saber dar e recibir, e concebir ambas accións como necesidades humanas para o crecemento individual e colectivo.

Por outra parte, d√©bese dicir que o desenvolvemento do il√≠mite depende m√°is da vontade da persoa que da s√ļa motivaci√≥n. Podemos dicir que querer √© poder, e que destas d√ļas premisas depende a capacidade de adaptaci√≥n da persoa. Sen restarlle importancia √° motivaci√≥n, que √© unha necesidade permanente para o desenvolvemento de calquera actividade, d√©bese dicir que de nada servir√° sen unha vontade real de levar a cabo unha determinada actividade por parte da persoa. Querer √© poder, e non hai d√ļbida de que a adaptaci√≥n incrementa o resultado, mais a vontade implica elixir entre catro premisas:



Da elecci√≥n que fagamos neste cadro vai depender o noso √©xito ou o noso fracaso na loita polos nosos obxectivos vitais. Pero ademais, a trav√©s desa elecci√≥n, poderemos ver perfectamente se nos centramos no l√≠mite ou no il√≠mite, √© dicir, se eliximos o vitimismo ou o activismo ante as circunstancias. As circunstancias non son m√°is que retos aos que a vida nos enfronta. Pode haber circunstancias nas que o ¬ďpodo e non quero¬Ē sexa unha opci√≥n v√°lida e incluso comprensible, pero nunca pode ser unha actitude ante a vida. Este cadro representa a liberdade de elixir, non entanto s√≥ cando sexamos capaces de reducir os cadros ¬ďnon podo e quero¬Ē, ¬ďpodo e non quero¬Ē e ¬ďnon podo e non quero¬Ē accederemos √° nosa propia autorrealizaci√≥n:



A vontade fai que as nosas competencias se vaian pouco a pouco desenvolvendo e ampliando, ao mesmo tempo que nos axudan na consecución dos nosos obxectivos vitais. A través da vontade tomamos consciencia dos nosos ilímites; e a través deles, da nosa capacidade real de cambiar o que nos rodea. A historia está chea de exemplos de vidas que parecían destinadas ao fracaso, e que foron capaces de darlle a volta ás circunstancias ata facer un porvir. Polo tanto, débese tomar consciencia de que o ilímite, sendo un concepto inmaterial, materializarase a través das nosas obras, do noso legado; un legado que ten que autorrealizarnos no propio entorno.

Ao final o il√≠mite √© unha viaxe cara ao reco√Īecemento da propia competencia, por iso se basea na construci√≥n da identidade, na autoestima e no autoconcepto positivo. √Č necesario que a persoa se reco√Īeza competente e defina a trav√©s de ditas competencias o seu prop√≥sito e a s√ļa misi√≥n na vida, que ao fin e ao cabo, constit√ļen as bases da autorrealizaci√≥n.

O reco√Īecemento da competencia l√©vanos de novo a falar das necesidades do ser; ante calquera obxectivo a persoa ten que constru√≠r o medio para logralo, a trav√©s dos propios il√≠mites. Para isto √© imprescindible a asunci√≥n da competencia, tal e como reflicte o seguinte cadrante:



Co√Īecidas as nosas maiores capacidades, t√≥canos constru√≠r a nosa propia identidade. Unha identidade que comparte coa humanidade o il√≠mite colectivo da creatividade. Pero nunca podemos ignorar que o il√≠mite tam√©n conleva a obriga do autodesenvolvemento. Algu√©n dixo que, no seu d√≠a todos foramos o espermatozoide m√°is r√°pido; isto quere dicir que en calquera circunstancia somos os m√°is capaces para a vida, e tam√©n, parafraseando a Pablo Neruda, ¬ďque o mundo sen cada un de n√≥s, non ser√≠a igual¬Ē ; pero non nos esquezamos nunca da obriga do autodesenvolvemento.

Unha vez co√Īecida esta teor√≠a, entra en xogo a liberdade de elecci√≥n da persoa: feitos os dous procesos, somos donos de decidir a cal deles lle concedemos m√°is peso. A√≠nda que, se cadra debemos preguntarnos, ao xeito de Paulo Freire, por que nos imos conformar con ser menos podendo ser m√°is?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania