Reforma laboral
Cardalda, Theo - jueves, 16 de febrero de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Esta reforma laboral que sacou o PP foi con nocturnidade e aleivosía, sendo a maior mentira de todas das que nos veu contando na campaña electoral, Unha das principais mentiras basease nun obxectivo dicindo que esta reforma é para crear emprego, cando eles na oposición e hoxe algúns dirixentes do PP admiten o contrario.
Abaratar o despido en plena crises vaise disparar aínda máis
o paro... En fin, unha reforma feita á medida de ir en contra dos dereitos constitucionais, todo elo ten unha causa e uns esponsables de toda esta desfeita que case todos sabemos quen son, para agora ter que pagalas os de sempre, os currantes.
Sabemos que hai outras alternativas, pero están usando a
política do medo en tódolos conceptos, unha estratexia que xa comezou hai uns anos atrás nos países neoliberais.
Para darnos unha idea do que aconteceu, temos que remontarnos a o ano 1903 cando un tal Carlo Ponzi emigrou a EEUU con 2 dólares no bolso con soño de facer un millón. Acadouno por un
tempo, onde prometía a moita xente que multiplicaría o seu diñeiro. Os primeiros inversores tiñan ganancias a moreas. Non sabían, que Ponzi usaba o diñeiro dos seguintes inversores para pagar os anteriores. Esta estratexia continuou por un tempo ata que ao final descubriuse a estafa.
En 2008 Bernard Madoff o presidente da firma de inversión que levaba o seu nome fixo algo parecido, provocando pérdidas enormes de vinte mil millóns de dólares, primeiro da crise-estafa
que remontou ata Europa. Logo temos o soado banco Lehmans Brothers que quebrou con aquel escándalo das hipotecas subprime, onde o sr. Ministro De Guindos levaba a batuta en España e Portugal. De todos estes terremotos financeiros estamos pagando as consecuencias os máis febles.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora