O Nadal, ó 300%
X.X. - viernes, 24 de diciembre de 2004
Todo sobe, como podemos comprobar.
A entrada do euro nas nosas vidas supuxo un incremento no custe da vida que non se reflicte nas estatísticas oficiais porque a ninguén dos que goberna lle interesa. Pero todos puidemos comprobar como o que costaba 100 pts. pasou a un euro como por arte de maxia, o que supón o brutal incremento dun 66%.
O Euro, que nos sitúa en Europa, iguálanos en custos co resto dos europeos, sen que o capítulo de ingresos sufra incrementos sustanciais por aquelo de non alterar radicalmente as contas públicas, que din os políticos.
E agora vivimos o Nadal. No Nadal, os que comercian con materias gastronómicas "entrañables" viven o seu frío agosto, sen que destes calores económicos se beneficien os productores ou recolectores.
A máis sonada nova navideña está no incremento en que o marisco ten experimentado ó consumidor que, en algúns casos, está no trescentos por cento. Esto é: O nadal, ó 300% máis caro.
Sabemos, entendemos e queremos crer que o Nadal non está no material senón no espiritual. Que para celebrar o Nadal non fan falla agasallos, nin capón vilalbés, nin marisco... Todos sabemos e coidamos crer que pode ser así. Pero ninguén predica co exemplo.
Quen teña Nadal ascético é porque non chega a outro tipo de Nadal. Quen non merca marisco é porque está a súa cotización demasiado alta.
Quen celebra as festas, non valora o calor familiar, a xuntanza dos máis cercanos, o calor de fogar... Valoramos os bens materiais escasos, caros, temporais e de temporada.
Por eso non é esaxerado dicir que o noso Nadal este ano é un 300% máis caro.
Que Deus se apiade de nós. Non botándonos unha man para axudarnos a pagalo. Sí para abrirnos os ollos para que, como Saulo, atopemos o camiño do noso Damasco particular, e poidamos comprobar que o Nadal segue a ser -pra quen saiba velo- a festa máis entrañable, máis humana, máis cercana e asequible que podemos disfrutar.
¡¡¡Boa festa!!!.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora