Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escasa orixinalidade

miércoles, 15 de febrero de 2012
Non é infrecuente, cando se fai a crítica dun fenómeno da nosa época, atribuirlle propiedades que non son orixinais da mesma coma tales. É o caso dalgúns afeccionados á crítica das obras de arte, que adoitan afirmar, en relación a un cadro de pintura, por exemplo, que o que ten de orixinal é excitar os sentidos do espectador, producíndolle un gozo descoñecido, e quen fala da pintura podería facelo igual da escultura, poesía ou música. Para o caso é igual.

Por suposto, eu non son un crítico, porque non só me considero sen a preparación adecuada, senón tamén sen a necesaria sensibilidade estética; pero, sen embargo, no me parece acertada a crítica fundamentada exclusivamente na “excitación dos sentidos”, por moito gozo descoñecido que produza, e, sen dúbida, ata o extremo de calificala de orixinal, algo así como se fora algo peculiar da nosa época nas obras de arte, e se isto vai expresado nun ton de conquista frente a outras épocas de enxustillamento das intuicións e experiencias estéticas, a deformación ideolóxica está servida.

Xa no século XVIII (e sorrían á orixinalidade!) defendeuse na filosofía da estética o dereito non só a “imaxinación” e os “sentidos”, senón tamén ó papel das “paixóns sensibles” nas manifestacións artísticas, facendo pasar a estas coma “impulsos vivos” necesarios no noso acontecer psíquico, fronte a consideración cartesiana das mesmas como PERTURBATIONES ANIMI. Por tanto, xa emerxe neste século un certo epicureísmo na estética, que deixa fóra de combate o estoicismo do século anterior. Así o documenta o admirable Ernst Cassirer, na súa obra, titulada “Filosofía de la Ilustración” (“Philosophie der Aufklärung”, na orixinal, datada no ano 1.932), editada no FCE, en México, en 1.943. Pero a nosa cita vai referida a 4ª Ed., de 1.993, en cuxa páxina 386 lemos: “Coa “L`Art de Jouir”, De Lamettrie puede recomendarnos el puro placer sensual, puede recomendarnos también una técnica de refinamiento intelectual y de sublimación constante de la alegría por la existencia. Los libertinos del XVIII, el círculo de las gentes del mundo que se reunía en París en el Temple o en el Salón de Nipón de Lenclos, en Londres en el salón de Madame de Mazarin, han tratado de llevar este arte a la perfección y han encontrado en Saint-Evremond su representante más fino y más destacado”

Sen embargo, recoñecemos que non é nada fácil no noso tempo facer unha crítica a unha obra de arte, porque as vangardas son celosas defensoras da súa independencia de normas e canons clásicos, e o crítico ten que navegar no mar tempetuoso desa anomía: A música cae na seriación e na “dodecafonía” (cando se empregan indistintamente os doce intervalos cromáticos nos que se divide a escala); a arquitectura combina unha especie de “revival”, é dicir, de renovación, rexurdimento, coa funcionalidade dos grandes grupos arquitectónicos, e, polo tanto, son moitos os códigos que hai que utilizar e diversos os simbolismos a interpretar, se se quere facer unha crítica acorde co que hoxe se coñece coma postmodernidade, que xa en si é todo un galimatías.

Pero isto non pode servir de escusa válida ós que queren aproveitarse da indefinición da arte actual con propósitos meramente ideolóxicos, tratando de dar un contido e un significado a aquilo que non o ten, porque a mesma obra de arte DISÓLVESE na actividade artística, que, se non me equivoco, é o que chaman DESPRODUCIÓN. E isto é o que Cervantes xa quixo poñer en ridículo naquel razoamento entre don Quixote, Sancho Panza e o bacharel Sansón Carrasco, que di así: “Ahora – dijo don Quijote- que no ha sido sabio el autor de mi historia, sino algún ignorante hablador, que a tiento y sin ningún discurso se puso a escribirla, salga lo que saliera, como decía Orbaneja, el pintor de Úbeda, al cual preguntándole que pintaba, respondió:´lo que saliere`. Tal vez pintaba un gallo, de tal suerte y tan mal parecido, que era menester con letras góticas escribiese junto a él: ´Éste es un gallo`”. Non me parece, pois, acertado que o crítico sexa o autor desas letras góticas, porque entón…onde está a orixinalidade con mensaxes tan ambiguos que esixen unha aclaración nunha linguaxe allea a estética?. E menos aínda cando se quere destacar a “excitación das paixóns” máis por impulsos da oposición ideolóxica que da razonabilidade estética!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES