Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pechando museos

viernes, 17 de febrero de 2012
Nos anos setenta, o crego-escritor-ilusionista e moitas cousas máis Xosé Manuel Carballo, xunto con Xulio Pita Espiño, escribiu unha obra teatral titulada “Vaise pechar unha casa máis”, na que se reflectía o drama do noso rural, daquela xa evidente, da emigración ás cidades quedando só no campo os vellos que ao morrer facían que as casas quedasen vacías, mortas.

Aquel fenómeno non remitíu senón que se agudizou, e hoxe seguen a pecharse casas do rural polas mesmas razóns, porque os vellos morren e non hai quen os substitúa habitando casas chamadas a derruirse xa que ao non estar habitadas, faltas do calor humano, en poucos anos se convertirán en ruinas

Ahora rexístranse outros peches, igualmente dorosos porque evidencian que algo está a morrer na nosa sociedade. Non é algo físico, pero é algo igualmente sensible, profundamente descorazonador.

En Vigo, pecha o arquivo Pacheco, institución formada polos fondos do que foi histórico fotógrafo vigués, que reflicte un tempo e unha xente, que o Concello tiña aberto ao público como unha conciencia humana e cidadá do Vigo lonxano que debe permanecer na memoria dos que o coñeceron, moi poucos xa, e ser coñecido polas novas xeracións de vigueses.

Tamén en Vigo pecha Museo Liste, de raiz ourensá, un museo etnográfico senlleiro que reflectía anacos da vida dos nosos devanceiros, como unha memoria vital que debe ser conservada para non perder as nosas raíces. E pecha porque non pode nin quere seguir acumulando débedas, xa que o seu primeiro patrocinador, o Concello reducíu en 2010 a súa anual participación de 96.000 a 6.000 euros, e no 2011 non efectuou ningunha aportación. O legado de Olimpio Liste deixa de estar a disposición do público e queda pechado ós visitantes.

É unha magoa que a crise nos presente estes dous aspectos tan básicos, elementais, de por onde se fan –e non se deben facer- recortes.

Pechar museos é pechar fiestras polas que entra a luz da cultura ao interior de todos nós. Pechar museos e pecharnos nós mesmos á realidade e ao futuro. Pechar museos é unha desgracia, das peores que poden acaecerlle a un pobo. E en Galicia, en Vigo, están pechando museos. ¡Pobres de nós!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES