Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No lío das malas noticias

miércoles, 15 de febrero de 2012
Dúas confesións por parte dos dous líderes políticos que nos gobernan en Galicia e no Estado, poden complementarse e retratar este momento longo que estamos a vivir no comezo do 2012.

“Vivo no lío”, dixo Mariano Rajoy, Presidente do Goberno, cando recibiu ao Presidente catalán Artur Mas, e “eu tamén” respostoulle o lider catalán. Certo é, e ben se comprende, que se nunca foi doado e moitos menos tranquilo o traballo dun Presidente de Goberno, o que nestes momentos desempeña o cargo non ten precisamente unha etapa tranquila para exercer a Presidencia.

Pola súa parte, uns días despois, no decurso da homenaxe a Manuel Fraga, o Presidente Feijoo confesaba non ter tido “nin unha sóa boa nova desde o punto de vista económico” desde que chegou á presidencia da Xunta de Galicia.

De certo, as dúas frases veñen significar o mismo. Os dous están no lío, por non ter ningunha boa noticia económica. E xa que eles nos representan a todos, e nos gobernan a todos, todos nós estamos no lío, e non temos unha soa boa noticia ecOnómica que levarnos ás respectivas carteiras.

Rajoy conta que lle poden armar unha folga xeral. Feijóo observa como os funcionarios se lle poñen en pé de guerra, e que pouco ten solucionado co adelgazamento dos “ministerios autonómicos”. E sen embargo teñen que sorrir e ilusionarse para ilusionarnos.

Eles poden seguir inmersos no lío das malas noticias económicas, pero tamén teñen que ser conscientes que por líderes gobernantes teñen que ser ilusionantes encantadores de serpientes – este concepto quedou acuñado para Adolfo Suárez- que contaxien optimismo e nos animen a seguir facendo esta travesía do deserto confiando que máis cedo que tarde chegaremos a unha terra de promisión, chea de brotes verdes, onde a palabra crise terá desaparecido dos diccionarios. Facemos votos porque o consigan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES