Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hora do balance

viernes, 24 de diciembre de 2004
A Igrexa celebra a Festa da Sagrada Familia. Nela cumpriu Deus a promesa de se encarnar e compartir vida connosco. Desde varios estamentos están a falarnos dos valores da familia actual. Coinciden en que deben ser amparados xa que logo, a pesar dos atrancos, segue a ser a institución máis valorada. Abonda aínda o amor.

Amor que xa escasea por mor "da normalidade" do egoísmo e os contravalores da sociedade actual onde non contan, como bens supremos, a igualdade, a paz, a xustiza. O amor, dese xeito, non pode subsistir. Semella que desapareceu. Non hai referencias, nin internas nin externas. Se se desfai a familia, a sociedade desintégrase. Se os membros destacados da sociedade (gobernantes, dirixentes ) seguimos a dar tan malos exemplos, rematamos por derrubármonos todos/as.

Por iso, á fin deste ano 2004, (ano nefasto, con poucos acertos e moitos erros) invítoos a facer silencio e a compartir análise e avaliación acerca das causas das barbaridades que sucederon. A escala persoal, coido que xa o facemos. Cómpre facelo tamén como membros activos da sociedade (civil e relixiosa) e como cidadáns do Mundo. Temos a obriga de colaborar á súa mellora. Non podemos fuxir da realidade. Non serve a desculpa de que as violencias, guerras, etc. están lonxe, porque están xa á nosa beira. Non somos os únicos responsables. Pero o ben ou o mal faise "solidariamente".Tamén cos silencios. O que pasa no mundo aféctanos a todos/as. E todos/as temos que arrincar o mal e facer medrar o ben.

Para aclarar actitudes. Cal son os principios que mobilizan a miña vida?. Asumo a responsabilidade da propia e síntome corresponsable das dos demais? dos máis próximos? a familia, os veciños, os amigos?. A escala España/Galicia, a que se deben as violencias físicas (de xénero, pelexas, mortes...) e as verbais ( nas rúas, parlamentos) con insultos, crispacións, mentiras?. A escala mundial, doéronme (dóenme) as masacres de Madrid, do Iraque, de Bielorrusia, dos mortos e feridos de todas as guerras, das víctimas da fame e do sida, das catástrofes naturais?. Que pensa facer? Cre que a maioría (todas!?) eran evitables? Onde lle parece que está a raíz de todo?

A escala Igrexa, son evanxélicas algunhas das actuacións dos seus membros? En solitario e/ou colexialmente? Actuaría así Xesús? A escala persoal, cre que é coherente á hora de vivir e compartir a súa fe?. En que se nota que é seguidor de Xesús á hora de fomentar a paz e a concordia, de traballar pola xustiza e a irmandade, en buscar a verdade, en vivir a misericordia, o perdón, o amor...?

Ditoso Aninovo 2005!. Ten de ser mellor, aínda que non sexa Santo Xacobeo.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES