Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Garzón

martes, 14 de febrero de 2012
Sempre gustou Garzón dos medios informativos. E segue estando na primeira plana da actualidade aínda que sexa por motivos cos que non contaba e que agora sexan desagradables.

A el se debe a orixe do nome de “xuiz estrela”, que con razón se lle aplicou hai ben tempo cando rompendo con todas as tradicións da discreción e traballo calado dos xuíces atopou no conxunto dos medios informativos destinatarios perfectos das novas que a súa actuación xeraba.

Foi sonado o seu abandono da xudicatura para entrar nunha corta etapa política como o foi o abandono da política para volver onde solía. Onde el estaba sempre había rebumbio, e gracias a el tocáronse temas ou persoas que ata entón parecía imposible. Así naceu e se forxou a lenda de Garzón.

Un dito galego quere que “uns nazan con estrela e outros fiquen estrelados”. Parece como se neste caso se xuntasen os dous extremos e unha vez que se puxo o sol no cea desta estrela, todo sexan agora para el batallas perdidas ata chegar á derrota final.

Posiblemente se quen o xulgase non fose o Tribunal Supremo e si un tribunal popular, Garzón a estas alturas sería considerado inocente e benefactor da humanidade. Pero Garzón foi xulgado por outros xuíces e as perspectivas non pintan precisamente ao seu favor.

Sexa polas escoitas que parecen ter sido feitas de xeito impropio, os desastres da guerra e da postguerra, ou supostos ingresos impropios, non está Garzón no seu mellor momento. Pero cada condena -ou caducidade do procedemento- será unha batalla que perde ata a definitiva victoria. Porque xuizos coma este, que só entenden os entendidos, farán del un heroe e volveranse contra un sistema que a nivel popular non goza das maiores simpatías por non ser comprendido.

Ollo con Garzón. Estes tres suizos non farán máis que rodear de lenda unha figura que xa ten pasado á historia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES