Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Veño falar do meu libro

jueves, 23 de diciembre de 2004
Quedou marcado na pequena historia da televisión hispana aquel empecinamento de Francisco Umbral en falar dun libro seu nun programa ó que fora invitado. Fóra de calquera outra cuestión, el ía falar do seu libro, e nada aparte deso lle interesaba.

Hai uns días escoitei pola radio unha intervención da Ministra do ramo (das comunicacións) que, molesta porque lle preguntaron polo "plan Galicia de m...", puxo as patas ministeriais por alto e reprochou ós xornalistas que lle preguntasen por esa frueslería e en cambio non lle preguntasen por tal tema, por aquel outro, e por aquel outro máis...

En cambio, hai pouco máis dunha semana estiven presente nunha rolda de prensa do director xeral de Patrimonio Cultural, Angel Sicart, que presentaba un certame internacional de fotografía sobre a muralla romana de Lugo, e en lugar de preguntas sobre ese tema soportou e respostou unha batería de incisivas preguntas (algunha, extemporánea) dunha xornalista, sobre os máis conflictivos temas da súa competencia, sen mover un músculo.

Ahí está a diferencia entre bo e mal político: en saber que no soldo van incluídas determinadas incomodidades que hai que levar co mellor sorriso e con total naturalidade.

Falar do libro que un escribe, está ben. Pero, ademáis, ó mellor che preguntan polo tempo, por como vai a familia, ou a que dedicas o tempo libre.

E o político/política, como calquera persoa normal, ten que adaptarse ás circunstancias e respostar ó que lle preguntan. Falar do libro propio, sí. Pero hai moitos máis libros dos que falar.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES