Na morte de Feliciano Barrera
Periodistas de Santiago de Compostela - lunes, 13 de febrero de 2012
A APSC lamenta a morte de Feliciano Barrera
A Asociación Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) lamenta o falecemento de Feliciano Barrera Fernández, presidente de honra do Grupo El Correo Gallego, e envía as condolencias aos seus familiares así como aos periodistas, traballadores e directivos do citado grupo de comunicación.
A APSC destaca a labor de Feliciano Barrera como editor, desde hai máis de seis décadas, do periódico El Correo Gallego, as como o seu esforzo por construír un espazo de información e comunicación ligado a Capital de Galicia que abrangue, ademais do periódico, o semanario "Terras de Santiago", a canle de televisión "Correo TV", Radio Obradorio, o xornal "Galicia Hoxe", actualmente convertido nun diario dixital, pero durante case dúas décadas editado como prensa impresa íntegramente en galego, "Telecable Compostela", que produciu e produce exitosas series de televisión, igualmente no noso idioma, ou a editora "Anova", que ten publicados máis de cincocentos títulos literarios.
A Asociación de Periodistas de Santiago pensa que co falecemento de Feliciano Barrera Fernández desaparece un destacado emprendedor que foi quen de crear e manter no tempo un importante grupo empresarial en torno ao mundo da comunicación e do xornalismo. Descanse en paz.
Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

Periodistas de Santiago de Compostela
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora