Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 'Convivio' de Guimaraes

miércoles, 22 de diciembre de 2004
O pasado fin de semana visitei o "Convivio" de Guimaraes.

Posiblemente, para a inmensa maioría dos galegos actuais o nome desta asociación cultural do norte portugués non lles diga nada, pero hai tempo marcou un fito moi importante na actualidade literaria de Galicia.

Neste País, a comezos dos anos setenta, os nosos escritores fuxían do ermo cultural que os rodeaba e acudían a certames culturais que convocaban os galegos da emigración en Baracaldo, Buenos Aires, Cataluña ou Guimaraes.

Nesta cidade portuguesa -que ven de celebrar o terceiro aniversario de que o seu centro histórico fose declarado Patrimonio da Humanidade- a asociación cultural "Convivio" convocaba os Xogos Florais Miño-Galaicos, que abandeiraban os profesores Oscar Lópes e Santos Simóes.

Alí, en 1970 e 1973 foi premiado Darío Xohán Cabana; en 1971, Manuel María; e Paco Martín, Xavier Rodríguez Barrio, os Irmáns López Valcárcel ou o cronista oficial de Sarria, Xaime Félix López Arias.

Trinta anos despois, visitei o "Convivio", para min un lugar mítico. Pero os xogos florais desapareceron ó final dos anos setenta, e o profesor Santos Simóes morreu o pasado verán.

Hoxe o "Convivio" vive adicado de xeito especial á música, ten un magnífico coro, e estivo encargado dos actos de conmemoración da designación do "Patrimonio da Humanidade", que foron clausurados polo Orfeón Lucense.

Guimaraes é unha cidade pequena, fermosa, sorprendente, humana. É unha pequena marabilla que os que habitamos en pequenas cidades históricas poderemos mellor comprender. E nela, o "Convivio" segue a ser un facho cultural que honra á cidade co seu traballo e co seu entusiasmo.

Moitos escritores galegos deben ó "Convivio" os seus primeiros éxitos literarios. Galicia ten co "Convivio" unha débeda que ninguén esixirá pero que, alomenos, temos que recoñecer.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES