Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xornalistas

viernes, 10 de febrero de 2012
Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Malos tempos para as empresas e para os xornalistas, que somos os primeiros que recibimos os impactos dunha crise, evidenciando que somos unha parte especialmente sensible da sociedade.

As entidades que representan aos xornalistas fan constar a súa preocupación e protesta polo peche de medios informativos, polos problemas das televisións locais en Galicia, pola precariedade dos postos de traballo, polo empeoramento das condicións de traballo, pola situación en xeral.

Calcúlase que nestes momentos están en paro un de cada cinco dos xornalistas galegos, e que o corenta por cento destes profesionais de comunicación estiveron en paro nalgún momento nos últimos anos.

A crise, naturalmente que ten moito que ver. Pero tamén ten que ver nesta problemática a dimensión dos medios, o capital que está detrás, a pequena área de influencia, e mesmo a valorización do traballo das persoas.

Non hai moito tempo que alguén buscaba un informador que non cobrase, os colaboradores informativos ou de opinión tenden a non percibir compensación polo seu traballo, e as aportacións dun xornalista non teñen a máis mínima comparación coas de calquera outro profesional.

Un avogado, arquitecto, enxeñeiro, que emite unha opinión técnica, un informe, non só percibe un estipendio fixado ou non polas tarifas do seu colexio profesional senón que nalgúns casos mesmo ten que ser formulado e cobrado a través do organismo colexial. Un xornalista pode dar un pregón, unha conferencia, un artigo... e estímase a calidade, a orixinalidade, o acerto informativo, pero non leva consigo un axeitado estipendio.

Certo que esta profesión se presta a que o profesional se sinta compensado pola difusión, o recoñecemento, a valoración do seu traballo. E eso vale para os colaboradores que teñen outra profesión, e teñen a opinión como complemento ou xeito de expresión para dar a coñecer o seu pensamento.

E sen embargo, os xornalistas son imprescindibles en calquera medio, máis nun tempo coma este no que só van resistir os que mellor entendan as dificultades do momento, as necesidades do público, e estructuren a súa organización de acordo coa realidade. Tempo difícil tamén para os xornalistas. Especialmente para os xornalistas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania