O Demo nunca dorme
Cardalda, Theo - jueves, 09 de febrero de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
¿ Tiene sentido que un enfermo crónico viva gratis del sistema ?.
Esta foi a pregunta que dixo publicamente a viceconselleira de Asistencia Sanitaria da Comunidade de Madrid Patricia Flores.
O que dixo esta muller parece incrible pero é certo; que non veña agora dicindo que non quixo dicir o que dixo. Non se pode ter tanto cinismo, dixo o que dixo e punto pelota; primeiro botan a bomba para ver que pasa e se non hai escándalo seguen adiante. Esta muller non sei moi ben de que vai, se de Dr. Menguele, de neocon ultraliberal ou simplemente é un produto desta clase política oportunista e listilla deste país.
Querida señora, un enfermo crónico non vive gratis do sistema, coido que sofre moito máis por ter mantido durante moitos anos coa súa cotización este sistema e aos políticos como vostede. Este é un paso máis no intento de privatizar a sanidade e de máis recortes.......¿a que ven esa pregunta?. É unha pregunta ao puro estilo económico de Adam Smith e da obxectividade de Ayn Rand.
Non sei que clase de educación recibiu esta muller para adicarse a dicir estas barbaridades que estamos escoitando e lendo . Seguro que foi en centros especiais de avoengo concertado, onde a educación para a cidadanía puido ser trocada polo Mein Kampf de Hitler, pois doutra maneira non se entende esta sarta de barrabasadas. O malo disto, tamén están a facernos ver
e a comernos a cachola a través da maioría dos medios de comunicación que a culpa de todo a ten a cidadanía.
É evidente que a eficacia política, non vai da man da intelixencia e o sentido común. Levan a hipocrisía ao lombo, a cruz nos peitos e o demo nos feitos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora