Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plus de altos cargos

jueves, 09 de febrero de 2012
Hai determinadas cuestións que resultan difíciles de explicar e máis aínda de comprender por parte dos non afectados, e que causan gran desazón e profundo disgusto entre a cidadanía.

A máis notable, quizais, é a das pensións dos políticos que exerceron durante un determinado tempo e cando chegan á xubilación perciben cantidades moito maiores que un xubilado normal, especialmente se se ten en conta o período de cotización e de traballo real.

Outro, non menor, é o caso dos pluses para exaltos cargos da política galega, que no seu momento foi alegremente pactado polos tres partidos con representación no Parlamento galego – PP, PSOE e Bng – e que agora están percibindo 142 dos 213 con dereito a el, cuns importes que van desde os 3.500 aos 14.400€, e que agora se pretende suspender durante un tempo dentro das drásticas medidas para a contención do déficit.

Enténdese que os altos funcionarios que teñen cargos de especial responsabilidade deben percibir compensacións económicas que respondan a esas responsabilidades especiais. O que está perfectamente previsto cando efectivamente son funcionarios os que acceden a esas responsabilidades. Esto é: cando funcionarios ao servizo da Administración son promocionados ás escalas directivas, culminando as súas carreiras administrativas ata alomenos unha dirección xeral, a entidade especializada nunha materia que as doctrinas e a razón estiman que debe ser ocupada por un funcionario e non por un político.

Pero na paulatina politización da Administración que se foi vivindo nos últimos tempos os políticos ocupan as direccións xerais e ás xefaturas de servizo van sendo influídas cada vez máis pola inspiración política.

A suspensión pola Xunta dese Plus de altos cargos é magníficamente recibida pola cidadanía, e mellor sería aínda se a suspensión fose definitiva, e non deixala ao albur da marcha da economía.

Suprimir esta escala diferenciadora entre uns e outros servidores públicos, e entre estes e o pobo en xeral, é unha medida terapéutica importante na recuperación da saúde política deste país, e paso importante na eliminación da fonda fenda que existe entre a clase política e a realidade xeral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania