Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións

miércoles, 08 de febrero de 2012
Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo gobernar o Principado por facelo en minoría e non atopar sintonía nas dúas principais forzas políticas tradicionais na autonomía, convoca eleccións medio ano despois de conseguir un sonoro triunfo electoral ao camiñar por libre prescindindo da súa natural forza, o Partido Popular.

Temos asumida a necesidade de convocar eleccións cada catro anos para renovar as institucións, pero tamén coñecemos o tremendo custo destas convocatorias repercutindo nas correspondentes institucións as subvencións que os partidos reciben e o custo xeral que cada acción electoral supón.

Tamén temos asumida que as eleccións son a única oportunidade da cidadanía de participar nos asuntos públicos, e esta ben limitada xa que non é posible elixir entre persoas senón entre forzas políticas que presentan listas pechadas sen consulta previa e sen posibilidade de modificación.

Temos a conciencia de participar nunha democracia incompleta, onde os partidos teñen demasiado papel e as individualidades quedan minorizadas por estes colectivos. E de que estamos aprendendo a vivir en democracia, despois dun período moi longo de suspensión das libertades, que empezou con temores e precaucacións e que aínda non conseguimos superar.

A decisión de Cascos en Asturias non debera sorprendernos o máis mínimo, que non é máis que o exercizo da política en estado puro onde cando unha situación non ten saída viable hai que recomezar. Pero tamén hai que considerar que as ideoloxías non parecen importar demasiado neste tempo, que se así fora non pode haber tanta diferencia entre o pensar de Ávarez Cascos e o dos militantes do Partido Popular de Asturias, que todos foron o mesmo ata non hai moito tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES