Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de Entroido

martes, 07 de febrero de 2012
O carnaval é unha celebración festeira que, a diferenza doutros costumes cristiáns de carácter relixioso, foi desenvolvido polo pobo. É unha tradicion moi antiga: deuse xa na época de Babilonia, e data de hai 4000 anos a.d.C.

Esta festa consiste na exaltación das carnes, críticas aos gobernantes, personalidades eclesiásticas etc. na subversión, e no relaxo na moral cristiá, consentindo algúns costumes que na vida cotiá non serían ben vistos.Don carnal, o gozo da carne, o tempo de diversión, a satisfacción do prohibido, represéntase como un boneco ao que se queima cando remata a festa (enterro da sardiña), co pranto e os choros das capideiras.

Ao entroido (introito latino) séguelle a coresma, que finaliza este tempo de troula e exceso, para entrar nun período de abstinencia e seriedade.

O carnaval non sempre estivo ben visto polas autoridades políticas e eclesiásticas. Cando do imperio romano se pasou á crenza cristiá, as máscaras foron prohibidas en todo o reino, debido a que tapaban a santa imaxe que daba o creador Pai-Deus.

Na idade Media volve renacer o carnaval impulsado polo pobo campesiño que tivo que soportar algunhas intromisións da nobreza, que non o aceptaba de todo.

Xa na ditadura do Xeneral Franco, foi prohibido polas autoridades, rexurdindo pouco a pouco como expresión da necesidade de alegría, música, liberdade.

Entre os principais lugares que celebran o carnaval destaca Venecia que naceo en 1662 para celebrar a victoria do duque da citada cidade contra o patriarca Aquila. Os aristócratas cubríanse a face cunha máscara. Pouco a pouco o festexo foi adquirindo beleza e perdendo o valor simbólico da tradición; o do Brasil, copiando unha festa popular galego-portuguesa, na que os participantes de diversos gremios tirábanse auga e fariña, con música de carácter militar.En España destacan o de Canarias e o de Cádiz.

En Galicia o entroido ten diferentes manifestacións segundo os lugares e as parroquias. Destacan sobre todo os de Ourense en zonas como Xinzo de Limia (Pantallas), Verín, Laza (Peliqueiros) e Viana do Bolo (Boteiros); os de Salcedo, Pobla de Brollón (Oso), os da Estrada (Xenerais do Ulla), os das terras de Chantada, a Ribeira Sacra (Volantes), os de Betanzos (Gamaichiños) ou os de Fisterra (desfile de comparsas).
O entroido en Malpica de Bergantiños ten moita tradición salientando os de Cerqueda (Madamitos), Buño (Micaela, Farruco), Barizo (Xogo dos Bois, recuperadp hai pouco tempo, este xogo moi antigo trata das pelexas veciñais pola posesión das terras, Malpica (Faustino.)

Polo que a Foz respecta o carnaval celébrase dende tempos inmemoriais aínda que o ritual non ten connotacións etnográficas ou antropolóxicas; ou sexa non se corresponden con tradición cultural algunha.

A forma de expresión popular, espontánea, ven dada fundamentalmente por un estado colectivo de alegría, en cuxa explosión ten que ver o bó xantar (nestas datas o porco é o rei) e as libacións xenerosas, compoñentes importantes en toda celebración festeira, así como o optimismo, o enxeño e a alegría de vivir que son propias das xentes da beiramar.

As mais antergas referencias escritas que atopamos referidas as celebracións do carnaval na nosa vila non son anteriores a primeiros do século pasado; e por elas sabemos que o musical – coros, charangas e rondallas, que cantaban letras satíricas e poñían na picota aconteceres sociais e a persoeiros singulares ou mesmo pintorescos,--eran os números mais celebrados.

Certamente houbo tempos de prohibicións para a alegría do carnaval; pero o que suscribe lembra que aínda con ese atranco en Foz – mesmo na dictadura franquista-- nunca deixou de celebrarse, aínda que moitas veces, para obviar as ordes da autoridade, había que afinar a imaxinación e exprimir os miolos.
Hoxe son outros tempos. Ditosamente gózase de liberdade para expresarse coa única limitación do respecto ás persoas ; pero tamén os modos, as modas e os medios evolucionaron hacia posibilidades que a tecnoloxía pon moito mais doado, de forma que cumplir os desexos de caracterización, ambientación musical, traslados, vestimentas, desfiles polas rúas, etc. resultan mais asequibles porque, sobre todo, requiren menos esforzo de todo tipo.

Daí tamén que Foz cada ano, polo entroido, se convirta en lugar de especial atracción para centos de persoas que acuden a presenciar o espectacular desfile de música, luz e cor nun derroche de beleza, humor, maxinación que deixa sempre no espectador a pegada optimista, e novos azos para, recuperado o moitas veces depauperado estado anímico, seguir na inexorable loita pola vida.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES