Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A crise e os políticos

martes, 07 de febrero de 2012
As palabras de Emilio Botín a pasada semana chamaron poderosamente a atención cando fixo escoitar a súa opinión de que a crise é culpa dos políticos, defendendo o papel da gran banca na nosa sociedade.

E hai que recoñecer que o primeiro banqueiro de España ten razón cando menciona aos políticos como responsables, por acción ou por omisión, por permitir que o sistema funcione como funciona, por permitirlles precisamente aos bancos actuar como se fosen propietarios do diñeiro que manexan, por someterse aos dictados dos mercados e da gran banca como se non tivesen nas súas mans resortes para facer mover a organización social da que formamos parte.

Culpa Botín da crise aos políticos que non souberon levar adiante a problemática da sociedade, mentras que os bancos pagan os seus impostos sen recibir axudas, resultando algunhas entidades especialmente perxudicadas.

Ten razón o banqueiro cando afirma que os líderes europeos actuaron con lentitude. E agardamos que a teña cando confía en que o actual executivo que preside Rajoy vai na boa dirección e xenerará a confianza precisa.

Non di nada Botín de que os bancos nestes momentos de flaqueza aproveitan a situación cobrando comisións dun importe tres veces maior que hai poucos anos sen que a calidade dos servizos que prestan teñan mellorado. Nin de que un banco siga a ser un magnífico negocio a pesar da non existencia de crédito, de terse feito cargo de moi numerosos inmobles que na actualidade son de difícil venda, de que a economía non mellorará mentras non se abran ó público coa debida mesura as canles que estiveron abertas irresponsablemente nos anos anteriores á aparición da brutal crise que nos afecta.

Que a crise é responsabilidade dos políticos, estamos totalmente de acordo. Os políticos, gobernantes ou na oposición, son os que teñen que marcar rumbos e acreditar situacións. Eles son os que teñen que detectar problemas e procurar solucións. Eles son, en fin, os responsables do que nos ocorra por dispor de información privilexiada e mecanismos para procurar solucións aos problemas.

O que é curioso é que sexa un dos primeiros banqueiros o que culpe aos políticos da situación, cando –polo seu papel preponderante na nosa sociedade- polo menos debería entonar un parcial “mea culpa” e arrimar o ombreiro xunto cos políticos, aos que tanto debe e dos que tanto debera depender.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES