Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pacifistas á forza

lunes, 20 de diciembre de 2004
A este paso, Gila vai chegar a ser un teórico da ciencia da guerra, cando pensabamos que só era un humorista que, dorido polas penurias sufridas no difícil momento da nosa última contenda civil, facía humor en base a uns feitos guerreiros vistos desde a súa personalísima óptica.

Gila falaba de balas atadas cun cordel, para poder recupelaras e reutilizalas; falaba de guerras nas se lles poñía hora ó enemigo para que non atacase antes tempo; falaba de guerras en broma, quizais porque non podía -e non lle deixaban- falar da guerra de verdade.

Pois a Mariña española en 2005 vai rexistrar unha situación que a Gila lle parecería do máis natural, xa que se vai recortar o número de misións a afrontar porque non nai abondos efectivos.

Eu teño presenciado numerosas xuras de bandeira de novos mariños, no Ferrol, onde cada edición -e había seis ó ano- saían arredor de mil mariñeiros. Pero eran tempos de mili obrigatoria, e a Mariña tiña un cupo como o había de soldados para o Exército de Terra.

Pouco a pouco a situación cambiou, e os mariñeiros forzosos foron dando lugar a mariñeiros (e mariñeiras), voluntarios e profesionais, que polo que se ve non son abondos para cubrir as necesidades que unha nación mariñeira como España precisa para a salvagarda dos seus intereses nas zonas de contacto co mar.

Xa non digamos accións de guerra, porque estas quedan arrumbadas pola historia e polos novos tempos que vivimos, pero eu quero entender que se trata de que tampouco as misións de paz poden ser afrontadas na súa totalidade.

Se a penuria de persoal persiste, cabe o perigo de que teñamos que adxudicar a empresas privadas a vixiancia das zonas marítimo terrestres, e deixemos de facer a guerra non porque non nos pete senón porque non teñamos con que ou con quen, co que resultariamos convertidos en pacifistas á forza.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES