Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rubalcaba

lunes, 06 de febrero de 2012
Fallaron os pronósticos dos que consideraban que a mocidade e a femineidade de Chacón ían vencer á idade e a continuidade de Rubalcaba, eses mesmos aos que tan mal sentou a definición do expresidente de Extremadura que consideraba a Chacón como "Zapatero con faldas".

Parece que é un tema que afecta exclusivamente aos socialistas e resulta ser un tema de interese xeral, de todos. Porque aínda que se trate dunhas “primarias” ás que non estamos moi afeitos pero ás que nos apuntamos con entusiasmo, o que se trata é de escoller o lider do segundo partido en España, que agora tocoulle estar na oposición despois de gobernar oito anos, polo que o que se estaba a debatir era a tarxeta de presentación da “cara B” da política española, que en calquera momento pode volver a ser a “Cara A” pola reversibilidade da política e dos partidos que a protagonizan.`

Que Rubalcaba gañase a Chacón por 22 votos de diferencia, arredor do dous por cento, evidencia a igualdade de forzas que acabou decantándose pola veteranía, a experiencia, querendo sempre crer na limpeza do resultando e entendendo, de xeito especial, que a nova dirección que se formou, tentando aglutinar forzas, debe conseguir esa difícil tarefa, integrando á outra parte na nova organización do Partido Socialista Obreiro Español.

A boa parte dos españois, e con eles dos galegos, tennos bastante sen cuidado unha batalla como a que ven de plantearse. Ou non. Tennos sen coidado se non formamos parte dos devotos dunha forza política, e somos meros observadores do que acontece. Pero sen embargo estivemos atentos ao resultado, polo desacostumbrados que estamos a que se planteen debates e eleccións entre persoas, dándosenos todo feito desde os aparatos dos partidos, permitíndosenos só cada catro anos escoller entre as listas que se nos facilitan por parte dos máis directamente interesados, protagonistas verdadeiros da vida política deste país.

O enfrontamento Rubalcaba-Chacón vennos dicir que a política pode ser moi diferente, aínda que tampouco sexa este o modelo ideal para desenvolvela. Vennos dicir que non hai un dedo que sinale o elixido, sen máis discusión. Que pode haber diversas sensibilidades dentro dun xeito global de pensar entre as que poden elixir os máis directamente interesados.

Parece lóxico que tamén todos pudiésemos intervir nunha elección así, pero sería o conto de nunca acabar se todos os partidos se entregaban con fruición á mesma tarefa para ir sobre seguro cos candidatos que a maioría elixira para que fosen protagonistas da historia.

Se teremos gañas de que a política evolucione, que o debate entre Rubalcaba e Chacón foi protagonista da atención pública durante o pasado fin de semana. E o remate do debate é o comezo dunha nova etapa onde o PSOE afronta unha necesaria travesía do deserto, aventura que o ten que levar a contender con forza nas próximas confrontacións electorais que se presenten, aquí ou en calquera autonomía; en Andalucía, ou en Galicia, que axiña teremos eleccións autonómicas.

Polo que se ve – os socialistas decidiron- Rubalcaba é o presente. Pero Chacón pode moi ben ser o futuro. Agardemos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania