Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bandeira azul para o Preguntoiro

lunes, 06 de febrero de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Hai uns días o responsable da zona do AEAC Sr. José Palacios comentou que, ás praias de Compostela e a Concha denegóuselle a bandeira azul polo mal estado das súas augas.

Non encanto, dixo que hai outras praias cunha calidade excelente, sendo a praia do Preguntoiro de Vilaxoán e a de Bamio a que máis posibilidades teñen para acadar esta bandeira.

Os vilaxoaneses temos agora a oportunidade de que o Sr. Alcalde a solicite, non soamente polos informes positivos, senón por toda unha loita de tódolos veciños do pobo desde o ano 1995 cando a Asociación de Veciños comezara a traballar para acadar unha praia neste litoral cando só había pedras. Se damos unha volta polas hemerotecas (e quilos de informes oficiais que existen na AA.VV. a disposición de quen os queira ver) desde ese ano vemos a loita pura e dura para intentar facer unha praia, tendo en conta que esa infraestrutura traería nun futuro un valor engadido.

Por iniciativa da Asociación de Veciños, acadara unir nunha xuntanza no ano 1998 á Cofradía (sendo Patrón Maior Alfredo Rodríguez), Mariscadoras e a Asociación de Veciños de
Sobradelo para sacar un documento conxunto asinado por todos.

Non houbo ningún problema e a partir desa data comezouse a patear e petar nas portas (pisando moitas moquetas) en tódolos organismos que fixeron falla. Tívose moitos atrancos desde un punto de vista político como de obstrución sistemático.

Desde aquela ata agora (17 anos) abondo se loitou. Non entanto, aínda queda moito por facer, xa que desde aquelas datas ata agora sempre se estivo petando nas mesmas portas para
rematar de area o Preguntoiro. Xa choveu moito desde aquela ata agora e seguimos sen rematala.

Quero facer constancia, porque este proceso o vivín, que por aqueles anos apareceron algúns detractores políticos que trataron de boicotear esta infraestrutura, outros só o intentaron pero apuntáronse ao carro. Moitos deles aínda lles ferve a conciencia.

Hoxe, lles digo: “...o home pola palabra e o boi pola corda...
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES