Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As incoherencias do Nadal

viernes, 17 de diciembre de 2004
Contradiccións, contrasentidos. Que terá que ver o Nadal coas lumieiras das rúas e coa traca xacobea do venres cando se nos pide moderación no consumo e se anuncian apagóns?. Que dicir do insultante dilapido (no comer/beber=consumir) ante un mundo famento, cheo de inxustizas, violencias, guerras?. Que se fai cos marxinais (e marxinados) que malviven nos arrabaldos das nosas cidades e coas oito mil familias galegas que aínda están nos lindeiros da pobreza absoluta?.

Quizais sexan demasiadas preguntas. Ou non?. Pode seguir. Non queremos rachar e/ou estragar a "alegría" da festa. Igual estamos enleados no barullo do consumo e do non pensar, ("ollos que non ven corazón que non sente") ante a multitude de familias (inmigrantes) e de nenos/as que, coma en Belén, non haxa sitio nas casas/mesas deste noso mundo tan rico pero tamén tan insolidario.

Para un cristián adulto e un laico coherente, é ilóxico/absurdo esperar o Salvador e celebrar o seu Nacemento desde este noso contradictorio xeito. Belén significa "casa do pan" e Enmanuel "Deus con/entre nosoutros". Xesús ven na sinxeleza e pobreza dun neno. O Salvador chega desde Deus e desde María, muller sinxela de aldea, chea de dispoñibilidade e fidelidade a Deus e de Xosé, home tamén sinxelo e modelo de crente comprometido con María no plan salvador de Deus.

A nosa reacción (se somos quen!) ante a incongruencia colectiva do consumismo abafante que o estraga todo (e parece non ter marcha atrás) pode levarnos a un sometemento pracenteiro ou a unha resignación alienante capaz de eliminar o máis sublime do noso ser de persoa, humana e cristiá: A deshumanización.

Na mesa redonda "O Nadal e a exclusión" na que participaron persoas do mundo da integración social e representantes de varias etnias (xitana, sudamericana e marroquí), se reafirmou que "Xesús anda por aquí", "que segue a nacer entre os pequenos", que "hai moita xente cargada de esperanza", que "aquí atopo eu a Xesús, sen telo que buscar noutros lados". Unha morea de testemuños. Unha constatación clara, tanto na cultura xitana (orixe cristiá e de unidade familiar), coma na sudamericana (costumes iguais ás nosas de hai uns anos) e mesmo na mahometana (intimidade nas súas festas) conservan unha profunda mentalidade relixiosa como eixo das súas celebracións....A todos lles escandaliza o noso xeito de celebrar/vivir o Nadal. E...a nosoutros!?. Que sinais de esperanza atopamos na Sociedade?, na Igrexa? Que estamos a facer nosoutros/as, os/as cristiáns/ás?

"Xesús anda por aquí, está connosco". Ditosa Noiteboa e Bo Nadal para todos/as!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES