Angustia
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 06 de febrero de 2012
Angustia por evacuar
Súo. O día está frío, pero súo. De andar dun lado para outro. De andar con présas, claro. De aí que, o motivo máis grande polo que súo, é quizais polos nervios, polas présas.
Minto. O máis grande era porque me sentía tan mal a causa da urina que se me estaba a acumular na vexiga, que a dor de non baleirar era a que me facía suar.
Estaba a vivir un deses momentos nos que te sentes tan mal, tan incómodo que os propios nervios, a propia apurada da situación vólvese na túa contra e convértese nunha angustia tal que non ves chegado o momento de evacuar esas augas menores que te fan suar coma un carneiro.
Menos mal que, ao entrar a un café, e sen esperar a que me serviran, fun correndiño a aliviar a miña angustia. E acabo de quedar coma Deus.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora