Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terra de promisión

viernes, 03 de febrero de 2012
Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén do mar, e os galegos do XIX e comezos do XX foron a Cuba e Arxentina buscando unha vida nova, que lles permitise voltar algún día á súa terra convertidos en “indianos” triunfadores.

E foron milleiros os que cruzaron o mar e traballaron o indecible, triunfando ou morrendo no intento.

Co paso do tempo, a emigración fíxose europea, e a mediados do s.XX os galegos emigraron a Madrid, Barcelona ou País Vasco, e a Francia, Suiza, Alemania, Inglaterra...para alixeirar a carga demográfica deste país e conseguir sustanciosas divisas para o comercio internacional español.

Coa apertura de fronteiras e mellora das condicións de vida, Galicia empezou a recibir inmigrantes, volveron moitos emigrantes, e agora mesmo tense convertido en terra de promisión para moitos fillos ou netos de antigos emigrantes que queren convertirse oficialmente en galegos para asentarse neste noso país, volvendo ás súas raíces despois dun longo tempo de emigración.

Calcúlase en medio millón de descendentes de españoles no exterior, algo máis da terceira parte galegos, que teñen solicitado a nacionalidade española para poder voltar libremente á terra. Xa conseguiron esta nacionalidade uns 64.000 pero quedan algo máis de 125.000 pendientes de que se resolvan as súas peticións de nacionalidade.

É como un histórico axuste de contas esta volta á terra dos descendentes dos vellos emigrantes. Se antano Galicia precisaba enviar os seus excedentes humanos á emigración, agora os descendentes queren volver. Pero non nos enganemos: Non é porque saiban que Galicia, e España en xeral, teña unhas magníficas condicións económicas e de traballo. É porque as condicións nos lugares onde viven descenderon bruscamente, e agora volven os ollos cara a que pode ser a súa patria-refuxio, auténtica terra de promisión. Ogalla que Galicia e España poidan colmar esas apetencias, e teñan a vitalidade precisa para non defraudar aos que dela esperan acollida e un lugar para vivir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania