Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Embaixadas

jueves, 02 de febrero de 2012
Se falamos de embaixadas no exterior, parécenos que os gobernos autónomos extralimitan as súas funcións tendo en conta que hai determinadas materias – moeda, exército, relacións exteriores... – que son competencia exclusiva do poder central.

Pero hai moitos xeitos de ver este tema, tendo en conta que unha autonomía como Galicia precisa ter no exterior determinados órganos que permitan relacionar entre si a todos os galegos, tendo especialmente en conta que boa parte da poboación galega está nun lonxano exterior, especialmente os que habitan nas diversas nacións de Centro e Sudamérica.

Que exista en Madrid unha “Casa de Galicia” non parece ter demasiados opositores, tendo en conta o principal papel cultural que ten, de punto de referencia e de encontro, e como conexión cos milleiros de galegos que viven na capital de España. O mesmo pode dicirse da sede da Fundación Galicia-Europa en Bélxica. E posiblemente pouco habería que opoñer ao resto de representacións, ata un total de 18, de Galicia no exterior.

Contando todas as representacións das 17 comunidades hispanas no exterior totalizan 208, sexa cal fose a súa denominación, turística, cultural, económica ou política.

Pero nestes tempos de contención do gasto, no que se poñen en cuestión tantos temas e funcións, estas representacións exteriores son fortemente criticadas polo seu custo sen cuantificar ou valorar os resultados que con elas se obteñen. Estímase que en total as autonomías gastan en sedes exteriores arredor dos cento oitenta millóns de euros ao ano, dos que corresponden a Galicia arredor de seis millóns e medio.

Considerando que non son estas oficinas exteriores un aspecto importante na contención do gasto, debendo valorar o papel que prestan aos galegos do exterior, haberá que informar axeitadamente das súas funcións, e convencernos a todos de que non se trata de embaixadas, que embaixadas hai do goberno central, e si oficinas de apoio aos intereses específicos de cada autonomía. E no caso de Galicia, de atención aos galegos da diáspora, cada vez máis necesitados de vínculos coa Galicia de hoxe.

Que mesmo poden arbitrarse medidas como as que estudia a Xunta de Galicia de que estas oficinas se integren fisicamente nas embaixadas españolas para abaratar custos mantendo plenamente o servizo.

Embaixadas, non. Oficinas galegas para os galegos do exterior, naturalmente que si.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES