Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mato en Alfoz

jueves, 02 de febrero de 2012
Mato en Alfoz A pasada semana tivemos a gozosa oportunidade de participar en Alfoz, na programación dos Sábados Culturais que organiza o concello, acto que neste caso estivo dedicado á lembranza dunha figura insigne, xornalista, escritor e político da República, nado en Boiro, de pai valadourense, onde no primeiro tercio do século pasado, casou o fillo, con moza goapa e rica: don Ramón Fernández Mato.

Home de grande atractivo físico, elegante, un dandi da época. Estudante de medicina en Santiago – veciño, compañeiro e amigo de Castelao, ámbolos dous foron membros da Tuna Universitaria, onde o rianxeiro tocaba a guitarra e Mato era presidente.

Cóntase que foi nomeado tal pola súa arrogancia e a excepcional dote oratoria, que lle confería grande éxito entre as mulleres. O crego/poeta ourensán Antonio Rei Soto, descríbeo así: “ Se parece a don Félix de Montemar./ Apuesto, calavera y poeta, fue terror de beatas/. Lo mismo en los estrados, que en timbas y chirlatas/ triunfó su esbelto talle y su mostacho enhiesto./ Siempre el oro o la vida a jugarse dispuesto,/ más le placen las obras que las necias bravatas ;/ e igual ante hosteleras que regias azafatas, / si son bellas, se curva en un rendido gesto./ Trasnochador de raza, después del medio día / suele dejar el lecho; almuerza, se atavía,/ y, en las tardes serenas, tibias y perfumadas, / cuando todo es azul, calma, melancolía,/ sale al campo, y a solas, teje su fantasía como araña de fuego, unas rimas doradas”.

Autor dunha ducia de libros ocupou variados e importantes cargos co goberno da República e cando en 1936 estalou a guerra incivil era Director Xeral de Seguridade, exiliándose en Cuba.

Tras anos nos que percorreo América, desenvolvendo a súa brillante actividade xornalística, en 1964 voltou á terra e instalouse en Foz onde permeñeceo ata 1968 que mercou unha casa en Vilagarcía de Arousa.

Polos anos 20 Mato exercera a vocación política no Valadouro, onde era o valedor de Felipe Lazcano, diputado conservador por Mondoñedo. Entre as moitas distincións que lle foron concedidas figura a de Socio de Honor de Hijos del Valle de Oro en La Habana.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES