La puta de Babilonia
Cardalda, Theo - jueves, 02 de febrero de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Hai uns días nos medios de comunicación o bispo de Córdoba Demetrio Fernández animaba a: huir de la fornicación. Como tódolos fanáticos de calquera credo agreden desde o seu púlpito da sen razón, parece que están investidos coa verdade absoluta. Mentres non paran do posicionamento a favor do máis absurdo.
Aínda que este bispo non queira darse conta a nosa xuventude cada día é máis responsable e a súa liberdade a leva onde xamais este bispo chegará.
Demetrio, non provoque, non fale do que segundo os seus preceptos, non practica nin entende, se vostede tivo unha mala experiencia seguro que saíu moi mal fodido, do contrario, levaría vostede unha vida sexual equilibrada. Respecte Demetrio, que a Igrexa non debe ser cova dos retrógrados, vivimos noutros tempos, con mentes abertas, máis cultura e máis sensatez. Fuxir sr. Bispo, é de covardes. Mellor ser un fornicador consecuente, que ser bispo da Igrexa que lle poñía palio a Franco.
Hai un libro escrito por un grande escritor colombiano, Fernando Vallejo que reside en Mèxico titulado: La Puta de Babilonia onde fala da Igrexa católica desde hai dous mil anos.
Libro documentado é histórico que recolle toda a historia tenebrosa desta relixión. Este libro atópase hoxe na crista de lectura e foi censurado polo Vaticano. Fala dos asasinatos, torturas, queimados en vida e dos Papas, incestuosos, putañeiros e decisorios da vida ou da morte de calquera persoa que non fora polo seu rego.
Pero o máis insultante, foron as palabras do arcebispo Jaume Pojol de Tarragona que comentou: ....La Iglesia puede hablar, pero después no obligamos a nada porque no tenemos Mossos d`Esquadra ni prisiones..... ¡ Carallo!. Só faltaba que volvéramos ao poder dos Papas dos que fala Fernando Vallejo. Hoxe se teñen ese poder a maioría dos cidadáns estaríamos na cadea ou nas fogueiras chamuscados.
E pensar que hoxe todo isto cústanos 10 mil millóns de euros cada ano a tódolos cidadáns!.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora