Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O bruxo das brancas barbas

miércoles, 01 de febrero de 2012
Os amigos que se van, sen avisar por non ter sido avisados, sempre provocan o meu desacougo. Agora, Xoan Corral, Xoan do Galicia, Xoan o dos traxes especiais, o do espectáculo interminable, o dos ollos luminosos e barba branca, o do corazón aberto e grande.

Era dunha familia grande, e quizais por eso tan amistosa e acolledora. Coido que foi Victor o primeiro que coñecín, o que ten casa-museo en Baamonde, no alto do pobo para mellor ollar a Chaira recreándose nas fermosísimas tallas que habitan aquela especial xeografía.

Despois, os Corral da hostelería, dos que agora dous están xa no alén cociñando chairas gastronómicas, alegrando seres non corpóreos, facendo tertulia con tronos e dominacións, arcanxos e anxos e todas as categorías celestiais que non poden sustraerse aos olores e aos sabores, pero especialmente ás conversas amistosas arredor dunha mesa que resulta ser –aquí ou aló- celestial.

Que me din, Xoán, que padecías do corazón. Eu xa sabía que un corazón así, non era normal. Porque aos milleiros de clientes-amigos do teu restaurante recibíalos sempre cun sorriso, cos ollos abertos, co corazón na man. Non se pode usar tanto o corazón, que está para eso, pero sin abusar.

Pero tamén padecías de amizade, e de sinxeleza, e de acollemento... moitas enfermidades son esas para concentralas nun só enfermo. E padecías de ganas de encantar á xente, de facer espectáculos que lles chegasen á alma, de vestir eses traxes imposibles que nin o Antroido de Río de Janeiro nin o modisto de costura máis alta poderían reproducir co señorío e a arte que ti os confeccionabas e lucías.

Como ti tamén padecías do mal da poesía, enfermiño crónico da construcción das palabras, tiveches que escribir un libro que é como un testamento cordial – do corazón – para os teus e para todos nós.

Agora que se adoita clasificar as actividade e mesmo o ser dunha persoa coa rama laboral ou artística que máis se lle acomoda, a ti habería que chamarse por un lado hosteleiro, por outro deseñador de traxes inclibles, por un terceiro versificador ou poeta da alma, showman (home espectáculo) en fin, e sobre todo cabaleiro chairego do sorriso e da amizade.

Dicirche adeus, é difícil. Ata sempre, amigo, chairego irrepetible, ¡compañeiro!. Agarda por nós no ceo dos chairegos, onde seguro estás xa preparando un especial lugar para acoller aos que van chegando.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania