Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡A voar!

jueves, 16 de diciembre de 2004
Cando escoito falar de voos en avión como os que agora están a promocionarse, vénseme á mente o título dunha película -¡A volar, joven!-, que protagonizaba Cantinflas, e da que non lembro absolutamente nada máis que esta única referencia.

O de voar foise popularizando nos últimos tempos, no máis amplo sentido da palabra. Porque popularizar neste caso quere dicir que o feito de voar, económicamente, púxose ó alcance de todo o mundo, estando o nivel de custo dun billete de avión tan barato como o de autobús.

Nos anos sesenta e setenta o feito de voar fíxose xeral e, agás algúns que persisten no seu temor enfermizo a embarcarse en algo que non roda polo chan, os galegos fomos acostumbrándonos a suplir as deficiencias de comunicación terrestre coa utilización dos servicios aéreos.

Os custos entón eran prohibitivos, pero a modernidade impúñase.

Pasan os anos, e melloran as comunicacións de xeito que hoxe chegar de Galicia a Madrid está en arredor de catro horas, mentras que situarse en Lavacolla, Alvedro ou Peinador leva quizáis unha hora a boa parte dos galegos, e hai que chegar case unha hora antes...

En tanto, as compañías aéreas multiplícanse, e o xogo da oferta e a demanda fai que os billetes de avión custen hoxe a metade ou a cuarta parte do que custaban hai dez anos. E xorden competencias incisivas a cargo de compañías especiais (billetes a Londres, 12 ou 15 euros), e outras derivadas da situación xeográfica (Oporto, Valladolid...).

Por fin, parece que chega tamén a nosa oportunidade, e vai haber desde Galicia estas posibilidades, sen ter que desplazarnos fóra do País para optar a estes voos a precio máis que de saldo.

¡A voar, todos!, parece ser a consigna. Seguro que vai ser así, porque voar sempre foi cómodo e rápido, aínda que non barato. Se agora nos traen a Galicia esta posibilidade, mellor que mellor.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES