Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En quen confiar

miércoles, 01 de febrero de 2012
Sabemos que as previsións que nos ofrezan as diversas instituciòns en relación co noso futuro económico están matizadas pola política ou calquera outro tipo de intereses, e polo tanto non teñen porque responder exactamente á realidade previsible, que por outra parte é un arcano que ninguén parece saber interpretar realmente.

Quen máis medo nos meten son as axencias de calificación, todas estadounidenses, que ata ben pouco tempo non sabiamos que existían, e delas parece depender a marcha da economía, segundo os análises que periodicamente efectúan e caen como bombas incendiarias no medio dos parquets das bolsas e dos ministerios económicos.

Unha destas axencias, Standard & Poors, ven de afrmar que existe un corenta por cento de posibilidades de que este ano a U.E. sufra unha nova recesión económica, coincidindo co que xa ten prognosticado o Fondo Monetario Internacional.

Pola súa parte, o Banco de España afirmou hai uns días que este país vai sufrir esa recesión de xeito directo, recesión que destruirá arredor de medio millón de postos de traballo co que a actividade económica e o emprego van sufrir de xeito irremisible.

Estas afirmacións coinciden de xeito xeral coa percepción da xente do común que, despois de ter sido advertidos repetidas veces de que este 2011 vai ser un ano terrorífico, o peor de toda a crise, ata agora non notan o máis mínimo síntoma de que a situación mellore, sexan verdes ou incoloros os brotes que poidan anunciar a máis mínima mellora económica.

E sen embargo, como contraste, a Vicepresidenta do goberno, Soraya Sáez de Santamaría, o pasado domingo, manifestou a súa seguridade de mellora inmediata da imaxe de España no exterior, de cambio de rumbo da cifra de parados, e mellora xeral das condicións económicas coa fluidez do crédito e reanimación económica.

Gostaríanos confiar no que a Vicepresidenta proclama, por pura necesidade vital. Que poden ser moi realistas as previsións das institucións e mesmo as intuicións de todos nós, pero precisamos que alguén nos diga – eso si, con certa posibilidade de acerto – de que esto vai mellorar en base ao traballo de todos, os acertos dos nosos dirixentes e mesmo o apoio da Divina providencia. A esperanza é o único que xa nos queda. Así que, a esperar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania