Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traga-la constitución

miércoles, 15 de diciembre de 2004
Seica a Fernando VII lle cantaban algo así como "Trágala, trágala, tu, mandilón/ ya que no quieres la Constitución", referida á de 1812. O absolutismo do rei hispano non casaba ben cunha norma recoñecedora de liberdades, e "o Deseado" pasou a ser moi axiña indeseable.

Agora estamos diante dunha nova Constitución, esa norma suprema para vintecinco estados que voluntaria e necesariamente se alían dentro da Unión Europea, sobre a que imos decidir colectivamente dentro dun par de meses e á que forzosamente hai que dicir "sí", para non quedar descolgados dun tren que nos costou moito traballo coller e do que nunca poderemos nin deberemos baixarnos.

Das forzas políticas de Galicia con representación parlamentaria só o BNG non ten definido ata este momento o seu voto, aínda que parece que pode decantarse polo "Non".

Aínda hai tempo para que poida triunfar algunha outra opción (abstención, liberdade de voto ou "sí"), pero todo parece indicar que se vai optar por darlle a razón ós que pensan que esta forza política opta por ser "os do non" tamén nesto da incorporación a Europa, no que -como en todo matrimonio- as partes teñen que ceder un pouco para que gañe o conxunto.

Nin sabemos ben como se redactou, nin sabemos exactamente quen a fixo, e moito menos sabemos o que contén... pero nesto dos temas europeos deixámonos ir cun certo fatalismo (en canto á irreversibilidade da perda de independencia), e cun moito de realismo en canto á imprescindibilidade de ser modesto elemento dun conxunto poderoso que pode tratar de ti a ti ó resto dos colosos do mundo.

Tragaremos a Constitución Europea. Non temos outro remedio. Todo o que non sexa apoiala é circular contra sentido nunha vía rápida de dirección única.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES