Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Axudas á contratación

martes, 31 de enero de 2012
Entre as novas que nos venden a cotío, está a recente de un gran acordo entre as forzas sociais e o goberno para primar a contratación indefinida con subvencións de ata 8.500 euros por contrato, como se esto fose unha novidade á vez que a panacea para solucionar os problemas do paro no Estado español.

Subvencións hóuboas sempre, en cuantía diversa pero non tan loxana desa cifra, para calquera contrato fixo por parte das empresas, feito que sempre está ben para animar sobre todo a pequenas e medianas empresas en momentos difíciles nos que a inmensa maioría das contratacións son temporais, segundo as necesidades de cada empresa.

Pero, ¿De que serve primar a contratación a tempo indefinido cando as empresas non teñen necesidade de contratar?. Se atendemos ao sector automobílistico, as vendas reducíronse nos últimos tempos nunha porcentaxe de arredor do 25 por cento, do trinta nalgunha provincia, coa conseguinte perda de empregos nuns concesionarios que tiñan demasiado persoal para esta situación.

Para contratar de xeito indefinido a un traballador, a empresa que o contrate ten que prever aumentar a súa produción, e que esa produción teña un mercado e dentro do mercado alguén que a merque. Na situación de recesión na que nos encontramos, calquera empresario sería un iluso ou temerario se pretendese fabricar máis ou vender máis como por milagro.

Para que as empresas de automóbiles vendan coches, precísase que a percepción xeral dos galegos mellore, que se anime o mercado, que os bancos faciliten o crédito e que o diñeiro circule pola animación da actividade. En tanto esto non suceda, e non se atisba a menor posibilidade, non vale de nada subvencionar contratos.

Polo de agora, nin este goberno nin o anterior, nin ningún estamento oficial que exista, parecen ter idea de como solucionar o gravísimo problema do paro. E o que se dan son paus de cego que poden acertar algo por casualidade, pero nin animan o mercado, nin animan á banca, nin nos animan a nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES