Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pranto por tres policías

lunes, 30 de enero de 2012
Toda Galicia está de loito, pero de xeito especial a provincia de Lugo de onde procedían os tres heroes que na madrugada do venres ofrendaron as súas vidas, en acto de servicio, na coruñesa praia de Riazor.

Falamos os medios das “forzas e corpos de seguridade do Estado” como dun conxunto de homes e mulleres ao servizo da sociedade, por riba de calquera consideración partidaria, económica ou social. Porque sabemos que ese conxunto é a pedra angular dun Estado no que todos estamos aprendendo a vivir en liberdade e no respecto ás leis, ás institucións e ás demás persoas.

A ninguén pode esixírselle tanto, e sen embargo estes tres rapaces entregaron as súas vidas por salvar as de quen estaba en perigo. Sabemos que estan ao dispor de todos nós, pero non sabíamos que era ata este punto.

Que unha toleada xuvenil, froito dunha noite medio tola, derive en traxedia é algo que nos arrepía, que nos conmove e emociona. Que esa traxedia se traduza en vidas humanas de mozos que están pouco máis que comezando a vivir, provoca unha desazón inmensa, unha inmensa pena, unha fonda dor.

Mañá, martes, a Deputación Provincial celebra unha sesión plenaria, e nela o Peresidente da institución provincial, José Ramón Goméz Besteiro, vai propoñer unha declaración institucional en homenaxe aos tres policías – todos de orixe lucense- vítimas da traxedia na praia coruñesa, diante “do acto heroico e a excepcional valentía e nobreza dos axentes que non dubidaron en antepoñer o seu deber á súa seguridade persoal”.

Quede para a historia humana de Galicia os nomes do fonsagradino Javier López, de José Antonio Villamor, de Friol, e de Rodrigo Maseda, de Burela (38, 34 e 35 anos), que morreron en acto de servizo, no mellor exemplo de entrega do ben máis preciado que ten unha persoa, a propia vida.

O presidente da provincia de Lugo decretou que sábado, domingo e hoxe, luns, sexan para as terras lucenses xornadas de loito, nas que a bandeira do Pazo de San Marcos vai ondear a media asta e con crespón negro, como encollida pola dor que a todos nos acolle.

Descansen en paz os tres policías, e reciban as súas familias o pranto e condolencia de todos os galego, e a seguridade de que heroes coma estes nunca morren de todo e seguen no alén mirando por nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania