Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os que "influímos" en Galicia

viernes, 27 de enero de 2012
Hai un xornal galego – El Correo Gallego, de Editorial Compostela, en Compostela- que cada ano elixe aos cincocentos galegos máis influíntes, publicando logo o resultado nunha lista que no último ano vai desde Alberto Núñez Feijóo, que ocupa o número un ata Alfredo Bermúdez de Castro, que leva o número cincocentos.

En principio, a elección non pode ser máis democrática, xa que se fai por votación popular, e mesmo eu teño participado en eleccións anteriores, aínda que coido que para a última destas listas –ano 2011- non o mandei, coidando que outros moitos haberá que poidan opinar sobre tan evanescente materia.

Os resultados dos primeiros postos son “de caixón”, porque además do Presidente figuran Amancio Ortega, José Blanco, José Luis Méndez, Mariano Rajoy, fernández Gayoso, Manuel Jove, Elena Salgado, Rosalía Mera... e así sucesivamente evidenciando que a política e o poder económico copan calquera lista de influíntes, aquí ou nas antípodas.

Para atopar algún nome da cultura nesta lista de influintes hai que baixar ao número 20 con Mznolo Rivas e ao 24 con Moncho Villares e mesmo ao 27 con Díaz Pardo. Pero para atopar a un xornalista hai que baixar máis, ata o 48 con Fernando Ónega, porque supoño que non hai que considerar como tales aos editores de xornais Santiago Rey Fernández-Latorre e Feliciano Barrera Fernández, que ocupan os postos 11 e 12 desta longa lista.

Cal non sería a miña sorpresa cando un amigo me remite a lista para que a mire con detemento, e atopo que figuro no número 431, por diante de Bautista Álvarez, Carmen Avendaño, José María Fonseca, Julio Iglesias, Siro López ou Juan Pardo. Gardei a lista e esquecinme dela durante seis meses ata que o pasado fin de semana, rompendo papeis inútiles, atopeina e lembrei o acontecido.

Vou gardala para en calquera momento ensinarlla a alguén ao que deba dicir “Non sabe vostede con quen està a falar”. Para coñecidos non me vale, que todos sabemos o que cada un de nós pode influir. Pero como para descoñecidos vale case todo, gardo esta lista na miña “pedantoteca” (vocablo inventado polo meu amigo Tuñas Bouzón), que nunca se sabe cando me pode ser de utilidade.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES