Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ler coma tolos

martes, 14 de diciembre de 2004
Non sei que nos pasa ós galegos, que parece que ultimamente nos deu a todos por ler coma tolos. Eso, polo menos, din os xornais de Galicia.

Todos sabiamos que ata hai pouco tempo eramos pouco dados á lectura en prensa polas máis diversas razóns. Algúns, sería polos contidos, outros polo custe, outros máis pola lonxanía dos postos de venda, outros en fin porque recibirían o xornal moi tarde, xa que ó mandarllo por correo recíbeo o suscriptor ó día seguinte habil.

Pero de cando en cando os xornais sorpréndennos coas súas cifras que, como son empresas serias, temos que crer.

La Voz, afirma que os seus lectores en Lugo medraron o 53,5% nos últimos tempos, en tanto que os de El Progreso (publica) subiron un 71,20%. La Voz, anuncia que chegou a 679.000 lectores diarios, seguíndoo El Faro de Vigo moi lonxe con 301.000. E logo El Progreso con 104.000. Pola súa banda, El Faro de Vigo, menciona 303.000 lectores/día, medrando un 10,5%.

Seguro que todos, numericamente, teñen razón pero unha cousa son exemplares tirados ou vendidos, e outra os lectores que se lle supoñen xa que un exemplar de xornal pode dar para moito nas mans dun estatístico.

Eu non noto que nos volveramos todos de repente lectores consumados, alomenos máis do que xa eramos anteriormente.

Pero como estas cousas están directamente relacionadas coa publicidade, e polo tanto co diñeiro que se ingresa, o ollo do medio cuida os resultados de investigación das lecturas de xeito que en definitiva todos van resultar contentos.

E nós, lectores impenitentes de todo o que en Galicia se imprime periodicamente, contemplamos esta moderna multiplicación dos peixes e dos pans con asombro, e co desexo de que cada día medre o afan lector, xa que significaría que medramos todos culturalmente, de xeito individual e colectivo.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES