Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Paz: Un ben moi preciado

viernes, 27 de enero de 2012
A aula da Uned-Senior de Xestoso formada por alumnos dos concellos de: Monfero, Aranga e Paderne na provincia de A Coruña e os de Xermade e Guitiriz na provincia de Lugo; queremos facer a nosa aportación e celebrar gozosos o "DÍA MUNDIAL DA PAZ".

Tódolos humanos estamos chamados a vivir unha vida en paz con nós memos e en paz con demais; pero as circunstancias da mesma modifican ese equilibrio e reaccionamos ante elas.

Tanto é así que ó longo da Historia da Humanidade lévanse producido incontables alteracións. Pero a pesar de todo, o noso corazón por naturaza quere a paz e rechaza todo tipo de violencia. É tan intenso este desexo de paz que moitas persoas ofreceron as súas vidas por esta causa.

Tal é o caso de MAHATA GANDI, lider nacional e espiritual da India que foi asesinado o 30 de xaneiro de 1948 por un fanático hinduíta. Desto xa fai máis de 63 anos; pero en España foi no ano 1964 cando o Profesor Llorenç Vidal tomou cartas no asunto e máis tarde o Ministerio de Educación e Ciencia aprobou con data de 29 de novembro de 1976 que o día 30 de xaneiro fose declarado como, "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ".
Desde entonces vense celebrando en tódolos centros escolares do noso país.

Nós desde esta aula da Uned-Senior de Xestoso tamén temos algo que decir. Queremos maifestar a quen corresponda:
-Que a paz é a raiz da felicidade. Paz e felicidade van sempre collidas da man. Non poden vivir unha sen a outra.
-Que a paz é un ben moi preciado, tanto que costa máis conseguir a paz que o pan de cada día, pero hai que loitar por ela ó prezo que sexa.
-Que todo ser humano necesita a paz para ter unha vida digna. Unha vida sen paz, non sería vida; sería calquera cousa pero nunca unha vida que merecera vivirse.
-Que o primeiro factor a ter en conta para aportar paz é estar en paz cada un consigo mesmo, é decir, ter paz interior. Estar en paz con un mesmo non é cousa doada porque esixe moita disciplina interna; pero merece apena. Esa disciplina interna está integrada por multitude de factores que poderíamos resumila nos valores universais de convivencia: autocontrol, autoestima, amor ó esforzo e ó traballo, valentía, paciencia, honestidade, sensibilidade, persevererancia, resiliencia, independencia, laboriosidade, orde, creatividade, amailidade, bondade, respeto mutuo, amor á natureza, xenerosidade, compaixón, obediencia, gratitude, sinceridade, tolerancia, solidariedade, confianza, cooperación mutua e amistade.
-Que cada individuo está chamado a facer unha seria revisión destes valores para construir o seu propio equilibrio como persoa, porque se queremos que o mundo cambie; temos que empezar cambiando nós. Cada un ten que cambiarse a si mesmo. Ninguén o pode hacer por el.
-Que a familia actual está moi necesitada de paz. Todo tipo de familia -sexa cal sexa a súa estructura- está necesitada de paz. A realidade dinos que hai moita violencia. Está claro que onde reina a violencia, non hai lugar para a paz. A familia está enferma dunha enfermidade chamada "violencia" que non a cura ningún médico. Os tempos cambiaron moito e os roles na familia, tamén. Temos que aceptar esta nova realidade se queremos que as relacións entre os membros da mesma se sintan cómodos. A familia tamén está chamada a recapacitar porque unha familia enferma no pode aguantar moito tempo. E se a familia se derrumba; a sociedade cae en picado.
-Que hai que derribar moitos muros que separan e a veces enfrontan ás persoas por razóns de xénero, de relixión, de concepción política, de estado civil, etc... Ninguén está en posesión da razón absoluta. Neste mundo todo é relativo. Todo é verdade ou mentira según a cor do cristal con que se mira. O que para uns é bo, para outros é malo. O equilibrio consite neso e a evolución tamén. A fin de contas o único que ten a razón é o tempo. O tempo amaña todo encargándose de poñer cada cousa no seu sitio.
-Que nesta aldea global na que nos toca vivir hai sitio para todos sen necesidade de "pisar" uns ós outros. Hai distintos camiños cada un ten o seu. e -ó remate- tódolos camiños levan ó mesmo destino. Todos procedemos da mesma orixe e todos temos o mesmo destino. Todos procedemos da Paz e un día ou outro, volveremos á PAZ. Se o noso principio é a Paz e o noso remate tamén, o máis natural é "VIVIR EN PAZ".

Por eso desde esta aula da Uned-Senior, apostamos pola PAZ:
-PAZ PARA CADA INDIVIDUO, SEXA COMO SEXA E PENSE COMO PENSE...
-PAZ PARA A UNIDADE FAMILIAR, TEÑA ESTA A ESTRUCTURA QUE TEÑA...
-PAZ PARA TODOS NESTE MUNDO MULTICOLOR.


Mercedes Cachaza Platas é alumna da Uned Senior.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES