Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Racionalizar as titulacións

jueves, 26 de enero de 2012
Non hai moitos anos nos que un titulado de Universidade tiña na práctica conseguido un posto de traballo na súa especialidade. Non había especial crise laboral nin moitos titulados nunha única universidade en Galicia.

Pero agora hai tres universidades con varios campus, e cada cidade loita por ter determinadas titulacións por estimar que dese xeito contribúe á mellor formación da élite intelectual dos galegos do futuro, e contenta ánsias personais ou colectivas que aportarán tranquilidade social.

Pero xa chegou o momento en que as intencións dos estudiantes van por un lado, por outro está a universidade, e por un terceiro vai a sociedade que demanda determinadas titulacións que non sempre coinciden coas posibilidades dos formadores nin cos intereses dos mozos.

Aínda que pareza de Pero Grullo, o certo é que hai que conxeniar as demandas da sociedade coas realidades universitarias, xa que non se poden xenerar titulados en especialidades que o País non pode asimilar, creando falsas expectativas no estudiantado.

A Xunta está a preparar unha normativa, seguindo as directrices do Plan Bolonia, de xeito que se harmonice a cooperación entre as tres universidades galegas, e se responda ás demandas sociais, mantendo as especialidades que realmente interesan e teñen saída e suprimindo títulos que non teñan a axeitada demanda na Galicia de hoxe.

Polo de agora é só un proxecto, xa sometido aos tres gobernos das universidades galegas, e xa se teñen pronunciado os dous principiais partidos con representación no Parlamento galego, para seguir unha tramitación que se supón lenta e problemática para conseguir a unificación do sistema universitario de Galicia.

Parece incrible que non se tivese reaccionado neste tema ata agora, cando o paro entre os universitarios é alarmante, e se impón unha planificación inmediata e racional das titulacións a impartir para facelas axeitadas, rendibles e satisfactorias para todos os alumnos que aspiran a ser, máis axiña que tarde, profesionais entregados a un labor vocacional que a sociedade acepta e valora.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania