Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Obama, eso non se fai

miércoles, 25 de enero de 2012
Crentes ou non, moitos de nós entendemos que é imposible que esteamos sós no universo como seres de intelixencia acreditada, e o noso planeta – modesto membro dun modesto sistema solar dunha modesta galaxia- o único de todo o cosmos no que florecera unha civilización.

Por esa intuición modesta, contraria á soberbia de crerse os únicos seres intelixentes de millóns de galaxias, entendemos que ten que haber outras moitas civilizacións, máis adiantadas ou menos, que vivan, crean, disfruten ou sufran coma nós dos avatares da vida en quen sabe que mundos habitados.

E a literatura de ciencia-ficción non sería máis – non é máis – ca pura especulación, dentro das nosas limitacións, de cómo poden ser esas xentes, os seus modos de vivir, os seus deuses e os seus demonios, que de todo terán. Que tampouco están tan lonxe estas especulacións da nosa realidade, e aí está a literatura de Julio Verne, imposible e fantasiosa hai décadas, que paso a paso vai cumprindo todas as súas visións, que se evidencian proféticas.

Entendemos que os gobernos saben máis do que nos din sobre Ovnis e contactos con xentes de fóra do noso mundo, e temos por certo que en Roswell os americanos teñen retidos os seres ou os restos do primeiro contacto alieníxena coñecido ou sospeitado en Occidente.

Pero do mesmo xeito que sempre hai alguén con mala baba que quere demostrar a non existencia dos Reis Magos ou de Papa Noel, o Presidente Obama pretende quitarnos a nosa carboeira fe nos extraterrestres, e ven de afimar que non hai vida exterior, cando calquera sabe que existen outros mundos aínda que haxa que afirmar – Bergier-Pawels dixit - que están neste.

A Casa Blanca anuncia oficialmente que non hai evidencias de vida fóra do noso planeta nin que se teñan dado contactos de outros seres con membros da raza humana. Porque hai un grupo de 17.000 persoas que leva tempo insistindo diante do goberno estadounidense de que seguro que este coñece contactos extraterrestres e pedindo que se faga público todo o que se saiba neste especial terreo da ciencia e da humanidade.

Nestes últimos tempos, este grupo fixo notar insistentemente a súa presencia pedindo información, solicitando audiencias públicas no Congreso, e que se abran ao público os arquivos das axencias nacionais e das institucións militares. Esto trouxo consigo a resposta firme do asesor da Presidencia para a Ciencia e a Tecnoloxía sinalando a falta de evidencia, e mesmo a carencia de informacións cribles de que se ocultase ao público calquera evidencia.

Pero nesta comparecencia o asesor de Obama tampouco quixo pechar todas as portas e afirmou que se segue a investigar sobre a vida fóra do planeta, e por eso ahí están o telescopio Kepler da Nasa para detectar planetas similares á Terra, ou a próximo misión dun laboratorio científico ao planeta Marte. Esto é, coma as meigas galegas, que non se ven, ninguén as coñece directamente, pero “habelas, hainas”. Ou pode habelas.

De todos os xeitos, Obama, eso non se fai. Se non cremos nos extraterrestres, nos de fóra, tal como están aquí as cousas, a ver que nos queda para poder sustentar a nosa boa fe.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES