Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O novo camiño da humanidade

martes, 14 de diciembre de 2004
Acercámonos ó Nadal. Festa relixiosa de raigame popular que compre celebrar con alegría e agradecemento. Tamén con responsabilidade. Deus faise un de nós na sinxeleza dun Neno que nos trae a salvación. Festas manipuladas, metidas na roda do consumo ante a pasividade dos cristiáns/ás, nunha sociedade chea de inxustizas, violencias, desamores e mesmo mortes. O paradoxo do Nadal!

Falamos dun camiño novo. O que trouxo Xesús e xa anunciara Isaías. Cando Xoán, o Bautista, (desde o cárcere) mandou preguntar a Xesús "es ti o que ten de vir ou temos que esperar a outro?" a resposta mostra os sinais mesiánicos:"Decídelle a Xoán o que estades vendo: que os cegos ven e os coxos andan; que os leprosos quedan limpos e os xordos oen; que os mortos resucitan e ós pobres xa se lles anuncia o Evanxeo. E ditoso o que non se escandalice de min!" (Mat. 11, 2-11)

Esta é a gran novidade de Xesús. A que escandaliza ós amos/señores do mundo. Tamén é o encargo que nos deixou: Curar enfermos, defender febles e anunciar a salvación ós pobres. Non é doado. Estamos invadidos pola cultura da abundancia e do benestar. Hai demasiada "cegueira estructural" provocada polo pensamento único e alimentada pola imposición das ideas dos grupos de presión, ligados ós seus intereses e á súa visión da realidade que esconde os verdadeiros problemas.

Xesús fai da opción polos excluídos o distintivo do seu Mesianismo. E nos parece que non. Ese é o grave problema do cristianismo do mundo rico. Non está en demostrar a Deus (místico) senón en mostrar onde nos encontramos con El, onde buscalo, onde atopalo, onde se nos revela, ama, ilumina, etc... Onde está!. E Xesús dinos que ten que ser nos pobres, na xente que non conta, que non pinta nada na sociedade. Dinos que tanto a Igrexa coma todos nos (crentes e/ou non) temos que empezar por "converternos ós pobres" e poñelos no centro da nosa vida e non deixármonos engaiolar polo "ter-poder". Os pobres témolos en todas partes: "5 millóns de nenos/as que morren de fame e/ou de malnutrición, cada ano" (informe da FAO); 1.400 millóns de traballadores que ganan menos de dous dólares ó día; os 550 mil que cobran menos de un; os nenos explotados sexualmente e/ou víctimas das guerras, dos traballos fortes e/ou do sida.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES