Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contas autonómicas

miércoles, 25 de enero de 2012
O Goberno galego non ve dificultade en que o Goberno central lle controle as contas, mesmo a priori, como tamén o aceptan outras comunidades gobernadas polo Partido Popular. Non ocorre o mesmo cos gobernos catalán e vasco, gobernados por forzas nacionalistas que rexeitan ser controlados porque lonxe de considerarse gobernos autonomistas considéranse máis como gobernos de nacións que como entes que gobernan comunidades dentro dun Estado, o español.

As Comunidades autónomas naceron dentro do noso Estado hai algo máis de tres décadas nunha política que se denominou “café para todos”, no que ademais de conseguir unha necesaria descentralización as rexións ou nacionalidades con antececedentes históricos – Cataluña, País Vasco e Galicia – se constituíu o Estado das Autonomías no que se procurou contentar a todos, mesmo territorio que nunca soñaran nin pediran unha descentralización política e económica.

Co paso do tempo, algúns Estatutos foron revisados á alza, Galicia segue mantendo o mesmo que naceu naquel tempo difícil, e a historia encargarase de dicirnos cal é o procedemento axeitado para a consecución dos fins que o réxime autonómico prevía, se a confrontación permanente que algunhas comunidades provocan, se o talante colaborador e pacífico da nosa autonomía, que se supón acorde co carácter colectivo da nosa xente.

Polo de pronto, a Xunta manifestase satisfeita pola decisión do “goberno amigo” de Madrid de aprazar como se solicitou repetidamente o pago das cantidades adiantadas en exceso pola Administración central polo cálculo excesivo de ingresos que logo non se confirmaron.

Se as contas autonómicas teñen que rexerse por unhas determinadas normas, se non se permiten excesos que desequilibren logo as contas xerais, se o control previo e posterior das contas non é máis ca un trámite administrativo de cara ao exterior e de réxime interno, non parece haber tanto problema en someterse a ese control. Se se entende que ese trámite devalúa aos correspondentes gobernos autonómicos, ao mellor vai resultar que eses gobernos teñen excesivamente considerada a súa función, e esta ten os límites previstos pola Lei.

Que o problema agora mesmo non é que se controlen as contas. O problema é que haxa contas – contido económico – que controlar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania