Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De provincias

martes, 24 de enero de 2012
En tempos, España estaba dividida en dúas partes ben delimitadas: Madrid, a capital e as provincias. A capital, territorio de primeira, e as provincias de segunda.

Coas autonomías naceron outras capitais, se ben Madrid conserva o seu papel de capital do Estado. Pero en Galicia para capital seleccionouse Santiago en detrimento de A Coruña ou Vigo que por poboación poderían esperalo, e A Coruña implicouse de xeito decidido en conseguilo.

En Galicia, está pois con arreglo ao xa explicado a capital en Santiago e as provincias despois, se ben a consideración non é tan pexorativa como a existente en relación con Madrid, que a distancia é moito máis pequena e a capital moito menos grande.

Pero agora fálase – hai moitos anos que se ven falando- da desaparición das deputacións provinciais, e polo tanto dos territorios ou demarcacións como tales, sustituíndo esta clasificación por outra máis galega de comarcas, racionalizando administracións, aforrando custos e reforzando os seus papeis competenciais ás administracións local e autonómica.

Dentro das provincias occidentais existe tamén un xogo de forzas determinadas xa que se Lugo e Ourense non teñen diverxencia en canto a capitais, si as poderían ter A Coruña e Pontevedra. Na provincia da Coruña hai tres capitais ostensibles – A Coruña, Ferrol e Santiago- se ben o problema non se plantea, que A Coruña ten o papel de capitalidade provincial, Santiago o de capital autonómica e Ferrol non se pronuncia que se saiba.

Pero en Pontevedra si que existe o problema, que Vigo reclama o seu papel primordial para non ter que aparecer nos destinos postais como “Vigo (Pontevedra)”.Esto, no mellor dos casos, cando non se equivocan de provincia.

Hai quen opina que a provincia debía chamarse de Pontevedra-Vigo, para dar ao Cesar o que do Cesar é, do mesmo xeito que o bispado se denomina “Tui-Vigo”. Pero o máis chocante é a pretensión da Asociación de hosteleiros –Asehospo- que o nome a implantar debe ser o de “Provincia das Rías Baixas”, arrimando o lume ao seu sector interesado en aproveitar o máis posible o maior recurso turístico da provincia.

O tema das provincias, desde que as inventara Javier de Burgos na primeira metade do século XIX, non deixou de complicarse especialmente en Galicia que temos á parroquia como unidade básica e as comarcas como suma de parroquias. E seguirá complicándose, quedándonos a dúbida de se o de “Rías baixas” é pola denominación de orixe dos seus famosos viños ou polo conxunto dos nosos fiordos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania