Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir de cruceiro

lunes, 23 de enero de 2012
Era unha forma tranquila, relativamente asequible e segura de viaxar. Ata agora mesmo.

Cada desplazamento ten os seus riscos, sexa por traballo ou por lecer, en medios propios ou alleos, públicos ou privados. E as viaxes a lugares exóticos van unidas a un certo risco, xa sexa por cuestións de seguridad, xa por saúde, podendo presentarse sorpresas desagradables non previstas pola organización nin incluídas no programa.

Asumido como natural o risco das viaxes aéreas, considerábase superado o medo ás viaxes por mar, por entender que se tiña alcanzado tal nivel de seguridade que non había o máis mínimo risco, especialmente tendo en conta que a maioría destas viaxes, denominadas popularmente “cruceiros” fanse en macroinstalacións de luxo, tan seguras coma un hotel en terra firme.

Ata que xorde o problema. E houbo problemas anteriormente nalgún transbordador, reservándose para os grandes trasatlánticos a súa inclusión en novelas ou películas, sen faltar algún que outro secuestro se ousan poñer rumbo a zonas en conflicto. Pero o problema xorde en Italia onde, sobre calquera planeamento ou previsión pode sobrevoar a impericia ou a confianza e producirse unha catástrofe na que xa se leva contabilizada unha ducia de mortos.

Xa se fixeron oir voces interesadas afirmando que non se produciron reduccións nas reservas para cruceiros nos meses inmediatos, e unha gran empresa comercial anuncia unha Semana do Cruceiro ata o oito de febreiro con descontos dun setenta por cento.

Estaba o tema comercial ben difícil para calquera tipo de turismo. Para o turismo de cruceiros veñen de poñerllo aínda ben máis crudo. Que pode máis a desconfianza na seguridade que calquera temporalidade económica.

Moito teñen que calmarse as augas para que ir de cruceiro volva ser o que era. E sen embargo seguro que a seguridade é extrema e que o que aconteceu é imposible que suceda. Pero pasou.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES